From Wikipedia, the free encyclopedia
A DFL Supercup 2021 foi a 12ª edición da Supercopa de Alemaña, un partido de fútbol anual organizado pola Deutsche Fußball Liga e disputado polos gañadores da Bundesliga e mais a Copa de Alemaña da tempada pasada. O encontro deste ano contou co Borussia Dortmund, vencedores da Copa de Alemaña 2020-2021, e co Bayern de Múnic, gañadores da Bundesliga 2020–2021.[4] O Dortmund organizou o partido que se xogou no Signal Iduna Park o 17 de agosto de 2021.[5][6]
O Signal Iduna Park en Dortmund, sede do encontro. | |||||||
| |||||||
Data | 17 de agosto de 2021 | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Estadio | Signal Iduna Park, Dortmund | ||||||
Asistencia | 24.742 espectadores[1] | ||||||
Árbitro | Sascha Stegemann[2] | ||||||
Xogador do partido | Robert Lewandowski[3] | ||||||
Tempo | Chuvioso 14 °C (57 °F) 93% de humidade | ||||||
← Supercopa Alemá 2020 | Supercopa Alemá 2022 → |
O Bayern de Múnic era o defensor do título, tras gañar a edición de 2020 por 3–2 fronte o Borussia Dortmund[7][5], e conseguiu revalidalo vencendo por 1–3 no tempo regulamentario ao mesmo rival na final de 2021, logrando a 9ª Supercopa de Alemaña para o club bávaro.[3]
Na seguinte táboa, os partidos ata 1996 estaban na era da DFB-Supercup, e a partir de 2010 na era DFL-Supercup.
Club | Clasificación | Participacións previas |
---|---|---|
Borussia Dortmund | Campións da Copa de Alemaña 2020-2021 | 11 (1989, 1995, 1996, 2011, 2012, 2013, 2014, 2016, 2017, 2019, 2020) |
FC Bayern München | Campións da Bundesliga 2020–21 | 14 (1987, 1989, 1990, 1994, 2010, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2020) |
No minuto 41, Serge Gnabry centrou un balón desde a esquerda para Robert Lewandowski que puxo ao Bayern de Múnic por diante no marcador cunha cabezada dende seis metros dirixida cara a esquerda da portería. Thomas Müller logrou o 2–0 no minuto 49 cunha finalización preto da rede despois de que Alphonso Davies mandase un balón centrado dende a esquerda e dun toque de Lewandowski que non conseguiu atallar o gardameta e que caeu finalmente nas botas do goleador. Marco Reus anotou o 2–1 no minuto 64 cun tiro coa perna dereita dende fóra da área de penalti mandado cara a esquina superior dereita da rede.[8] Lewandowski marcou o seu segundo tanto no minuto 74 cunha finalización por abaixo á esquina dereita da portería dentro da área de penalti despois de que o balón lle caese franco ós pés por mor dun erro do defensa do Dortmund Manuel Akanji.[9]
Borussia Dortmund | 1 - 3 | Bayern de Múnic | 17 de agosto de 2021, 20:30 (CEST) – Signal Iduna Park, Dortmund Asistencia: 24.742 espectadores[1] Árbitro: Sascha Stegemann |
Reus 64' | Informe |
Lewandowski 41' 74' Müller 49' | |
Borussia Dortmund
|
Bayern de Múnic
|
|
|
Xogador do partido:
Árbitros asistentes:[10]
|
|
Campión Bayern de Múnic 9.º título |
|
|
|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.