From Wikipedia, the free encyclopedia
Sultan Kösen, nado en Alibey, na provincia de Mardin, en Turquía, o 10 de decembro de 1982, é un granxeiro turco que posúe o récord mundial Guinness de home vivo máis alto con 251cm de altura. Debido ao seu estado, usa muletas para camiñar.[1]
O crecemento de Kösen resultou das condicións de xigantismo e acromegalia, causadas por un tumor que afectaba a súa pituitaria.[2]
Kösen, de orixe étnica kurda, naceu na aldea de Kösen e non puido completar a súa educación debido á súa altura; en cambio traballou a tempo parcial como labrego.[3][4] Describe as vantaxes de ser tan alto como poder ver a gran distancia e ser quen de axudar á familia en tarefas domésticas como colgar cortinas. Entre as desvantaxes menciona non atopar roupa para as súas pernas de 126 cm e para os seus brazos dun metro de manga, ou zapatos para os seus pés de 36cm. As súas mans son as máis longas, do pulso ás xemas dos dedos, nunha persoa viva, ademais de ter dificultades para encaixar nun coche normal.[5]
Desde 2010, Kösen recibiu tratamento con radiocirurxía para o seu tumor hipofisario na Facultade de Medicina da Universidade de Virginia e fármacos para controlar os seus niveis da hormona do crecemento. Confirmouse en marzo de 2012 que o tratamento fora eficaz.[6]
En outubro de 2013, Kösen casou con Merve Dibo, nada en Siria, dez anos máis nova ca el.[7] Nunha entrevista, dixo que o seu maior problema coa súa muller é a comunicación. El fala turco pero a súa muller só árabe. A parella divorciouse en 2021 citando a barreira do idioma como un dos principais problemas. Kösen afirma que espera casar outra vez algún día, e foi procurar a Rusia (onde hai uns 10 millóns de falantes de linguas turcas).[8]
En novembro de 2014, no Día dos récords Guinness, Kösen coñeceu ao home máis baixo do mundo xamais gravado, Chandra Bahadur Dangi, de 55cm de altura, nun evento en Londres.[9]
En 2014, Kösen uniuse ao Magic Circus of Samoa e participou en varios espectáculos en todo o mundo.[10]
No seu 40º aniversario, posou en Orlando, Florida, xunto á estatua de tamaño natural de Robert Wadlow, o home máis alto que se ten rexistrado, de 272 cm.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.