![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/84/Sufjan_Stevens_playing_banjo_edit1_%2528cropped%2529.jpg/640px-Sufjan_Stevens_playing_banjo_edit1_%2528cropped%2529.jpg&w=640&q=50)
Sufjan Stevens
autor, compositor e cantante estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Sufjan Stevens, nado en Detroit, Míchigan o 1 de xullo de 1975, é un cantautor e compositor estadounidense. O seu primeiro álbum A Sun Came foi lanzado en 1999 baixo o selo Asthmatic Kitty, que cofundou co seu padrasto. Recibiu un amplo recoñecemento polo seu álbum de 2005 Illinois, que acadou o número un na lista Top Heatseekers de Billboard, e polo sinxelo "Chicago" do propio álbum. Tamén conseguiu un nomeamento na 90ª edición dos Oscar á mellor canción orixinal por "Mystery of Love" do filme Call Me by Your Name.
Stevens lanzou álbums de diversos estilos, dende a electrónica de Enjoy Your Rabbit e lo-fi folk de Seven Swans até a instrumentación sinfónica de Illinois e a temática de Nadal de Songs for Christmas. Stevens é multinstrumentista, e a miúdo toca varios deles na mesma gravación,[1] e escribe música en varios tempos musicais. Malia que as súas canción incorporan temática cristiá, declarou en numerosas ocasións o seu intento de separar as súas crenzas da súa música.[2][3][4]