Suede
From Wikipedia, the free encyclopedia
Suede é un grupo de rock londiniense formado en 1989, disolto en 2003, e reunido no ano 2010. En Estados Unidos son coñecidos como The London Suede, posto que o seu nome orixinal xa estaba rexistrado.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Datos rápidos Orixe, Período ...
Orixe | Londres, Inglaterra |
---|---|
Período | 1989 - 2003, 2010 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo, britpop |
Selo(s) discográfico(s) | Nude, Columbia, Sony BMG |
Membros | Brett Anderson Matt Osman Simon Gilbert Richard Oakes Neil Codling |
Antigos membros | Justine Frischmann Bernard Butler Alex Lee |
Na rede | |
Páxina web oficial | |
Pechar
A formación coa que se deron a coñecer foi: Brett Anderson (voz), Bernard Butler (guitarra), Matt Osman (baixo) e Simon Gilbert (batería). Antes de gravar o seu primeiro disco tamén pasaron pola banda fugazmente o batería de The Smiths, Mike Joyce e a que máis tarde sería cantante e líder do grupo Elastica, Justine Frischmann, por aquela época noiva de Brett Anderson.