Succession
serie de televisión estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Succession é unha serie de televisión estadounidense creada por Jesse Armstrong. Estreouse o 3 de xuño de 2018 a través de HBO.[5] A serie céntrase na familia Roy, propietaria de Waystar RoyCo, un conglomerado mundial de medios de comunicación e entretemento. A familia loita polo control da empresa no medio da incerteza sobre a saúde do patriarca da familia, Logan Roy (Brian Cox). En outubro de 2021, a serie foi renovada para unha cuarta tempada.
Formato | Comedia, drama,[1][2] comedia negra e sátira[3][4] |
---|---|
Creado por | Jesse Armstrong |
Desenvolvido por |
|
Intérpretes |
|
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 4 |
Episodios | 39 |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Localización(s) |
|
Duración | 56–70 minutos |
Distribuidor | Warner Bros. Television Distribution |
Canle de orixe | HBO |
Formato de imaxe | 1080i (HDTV) |
Primeiro episodio | 3 de xuño de 2018 |
Derradeiro episodio | presente |
Na rede | |
https://www.hbo.com/succession | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Entre o elenco da serie está Jeremy Strong como Kendall, Kieran Culkin como Roman e Sarah Snook como Siobhan ('Shiv'), os fillos de Logan empregados pola compañía. Matthew Macfadyen interpreta a Tom Wambsgans, o marido de Shiv e executivo de Waystar; Nicholas Braun fai o papel de Greg Hirsch, sobriño-neto de Logan; Alan Ruck como Connor, fillo máis vello de Logan; e Hiam Abbass como Marcia Roy, a muller de Logan. Peter Friedman, Natalie Gold, Rob Yang, Dagmara Domińczyk, Arian Moayed, J. Smith-Cameron, Justine Lupe, David Rasche e Fisher Stevens compoñen o resto do elenco.