Subdivisións de Portugal

From Wikipedia, the free encyclopedia

A base principal da estrutura administrativa de Portugal son os 308 concellos (tamén chamados municipios) administrados polas cámaras municipais), que se subdividen en 4257 freguesías (administradas por xuntas de freguesía).

Esta estrutura cobre completamente o territorio portugués, incluíndo zonas territoriais onde a respectiva cámara e xunta non teñen ningunha xurisdición práctica, como poden ser as zonas de administración militar ou os Parques e Reservas Naturais, entre outros.

Existen tamén outras divisións de inmediatamente superiores ao concello, pero están asociadas a determinadas actividades (comarcas xudiciais, rexións de turismo...), de carácter máis técnico, histórico ou cultural. Existiron tamén tentativas de definir rexións naturais, sen ningún tipo de valor administrativo.

Os concellos son a división territorial con poder político máis estábel da historia do Portugal continental, sendo máis complexo o caso das subdivisións de nivel superior, sometidas a diversas modificacións históricas e que tiveron case sempre un carácter administrativo, como corresponde a un Estado politicamente centralizado.

Antigas divisións

Provincias anteriores ao século XIX

Thumb
División histórica de Portugal en 6 provincias.

Desde o século XV, até o século XIX, o Portugal continental estivo dividido, case sempre, en seis grandes divisións tradicionais. Esas divisións era, normalmente, denominadas comarcas até o século XVI, no que pasan a ser designadas provincias. O Algarve, tivo nesta época o título honorífico de "Reino", aínda que, para todos os fins, fose administrado como unha provincia igual ás restantes. Até o século XVII estas divisións correspondían a unha Corrixidoría, é dicir, baixo o poder dun Corrixidor, maxistrado administrativo e xudicial, que representaba ao Rei. A partir do século XVII as Corrixidorías multiplícanse e pasarán a ser subdivisións das Provincias, pasando estas a ser meras divisións estatísticas e militares, baixo o mando dun comandante territorial, co título de Gobernador das Armas. Con límites, que foron sufrindo algunhas alteracións ao longo dos tempos, existiron, case sempre as seguintes divisións:

A mediados do século XVIII, o territorio próximo ao Porto foi segregado de Entre Douro e Miño e da Beira, dando orixe ao Partido do Porto, división militar, baixo o mando dun Gobernador das Armas propio. Os territorios do Partido do Porto continuaron sendo parte das respectivas provincias, para todos os efectos, con excepción dos asuntos militares.[1].

Provincias de 1832

Despois da revolución liberal de 1822, presentáronse varias propostas para a reorganización administrativa do país. Foi proposta a división en distritos e, máis tarde a división en provincias. Porén a contrarrevolución absolutista freou todas estas tentativas.
Só en 1832 o goberno liberal no exilio nos Azores, decretou unha nova reorganización administrativa do país. O país sería dividido en provincias, subdivididas en comarcas e, estas, en concellos. Esta división aplicaríase a todo o territorio nacional, é dicir, non só ao continente, senón tamén as illas adxacentes e, mesmo os territorios ultramarinos. A reforma non sería aplicada até a vitoria liberal na guerra civil de 1834.
En 1835 esta división sería substituída pola división en distritos. Malia so, as provincias de 1832, mantivéronse sen órganos propios, como agrupamentos de distritos para fins estatísticos e de referencia rexional. Esta situación mantívose até o século XX.
As provincias de 1832, no continente e as illas, eran:

En 1833 a provincia dos Azores foi dividida en dúas: a provincia Occidental e a provincia Oriental. En 1836, durante a creación do distrito da Horta, a Provincia Occidental dos Azores, foi subdividida na nova provincia Occidental e na Provincia Central.

Tamén en ultramar, foron creadas as Provincias de Cabo Verde e Guinea, de Angola, da India, de Mozambique, de San Tomé e Príncipe e de Macau e Timor, que, pola organización de 1832, en teoría, tiñan unha administración igual ás da Metrópole.[1].

Provincias de 1936

Thumb
División de Portugal en provincias, estabelecida no século XX. Fronteira non marcada no termo de Olivenza.

O Estado Novo adoptou, desde o seu inicio, unha política de rexionalización do país. Esa rexionalización foi prevista na Constitución de 1933, a través da división do Portugal continental en autarquías rexionais, denominadas provincias. As provincias foron creadas en 1936. A división provincial baseouse nos estudos do xeógrafo Amorim Girão, publicados entre 1927 e 1930, que dividían o continente de Portugal en 13 "rexións naturais". Acabaron por ser creadas 11 provincias, correspondendo, cada unha, ás rexións naturais de Amorim Girão, con dúas excepcións: as rexións naturais de Tras os Montes e do Alto Douro e as rexións naturais da Beira Alta e da Beira Transmontana foron reunidas, respectivamente, na provincia de Tras os Montes e Alto Douro e na provincia da Beira Alta. Paralelamente á división en provincias, mantívose a división en distritos, sen que os límites de ambas estruturas coincidisen.[1].
En 1959 as funcións das autarquías rexionais pasaron aos distritos, sendo extintas as Xuntas de Provincia e creadas as Xuntas Distritais. As provincias, pola súa banda, mantivéronse como divisións históricas e xeográficas, só sendo formalmente extintas coa Constitución de 1976. A pesar diso, mantivéronse, até hai pouco, nos manuais escolares, sendo aínda a división rexional de referencia da maioría dos portugueses. As provincias eran as seguintes:

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.