Stralsund
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Stralsund é unha cidade hanseática pertencente o Estado federado de Mecklemburgo-Antepomerania, situada na costa norte de Alemaña.
Localización | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
Estado | Alemaña | ||||||||||||
Estado federado | Mecklemburgo-Antepomerania | ||||||||||||
Distrito rural | Vorpommern-Rügen (pt) | ||||||||||||
Capital de | |||||||||||||
Poboación | |||||||||||||
Poboación | 59.363 (2022) (1.096,47 hab./km²) | ||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||
Superficie | 54,14 km² | ||||||||||||
Altitude | 9 m | ||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||
Creación | 1234 (Gregoriano) | ||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||
Organización política | |||||||||||||
• Xefe do goberno | Alexander Badrow (pt) | ||||||||||||
Membro de | |||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||
Código postal | 18435, 18437 e 18439 | ||||||||||||
Prefixo telefónico | 03831 | ||||||||||||
Código NUTS | DE805 | ||||||||||||
Número de municipio alemán | 13073088 | ||||||||||||
Outro | |||||||||||||
Irmandado con | Ventspils concello de Trelleborg Huangshan (en) Svendborg (pt) Pori Stargard (pt) Kiel (1987–) Concello de Malmö (1991–) Boulogne-sur-Mer (1992–) Meknès (pt) (2019–) | ||||||||||||
Páxina web | stralsund.de |
Situada á beira do mar Báltico, está separada pola illa de Rügen do continente. Dúas pontes e varios ferrys conectan Stralsund cos portos de Rügen.
Tiña ao redor de 57 357 habitantes en 2012.
A cidade foi fundada no século XIII por colonos eslavos procedentes de Rügen.
Durante os anos seguintes chegaron comerciantes alemáns e a cidade comezou a prosperar. Isto molestou á poderosa cidade de Lübeck, a cal incendiou Stralsund en 1249.
Máis tarde sería reconstruída e rodeada por unha sólida muralla con 11 portas e 30 torres de vixilancia.
En 1293 Stralsund converteuse en Membro da Liga Hanseática e, por conseguinte, aliada de Lübeck; 300 barcos surcarían o Báltico portando a bandeira de Stralsund no século XIV.
A rivalidade entre a Liga Hanseática e o reino de Dinamarca conduciu a unha guerra aberta que terminou co Tratado de Stralsund en 1370.
Durante o século XVII foi tamén un escenario da Guerra dos Trinta Anos. O xeneral Albrecht von Wallenstein sitiou a cidade en 1628, até que as tropas suecas chegaron en axuda da cidade e forzaron a súa retirada.
Tras a guerra, a Paz de Westfalia (1648) converteu a Pomerania Occidental na Pomerania sueca e a cidade permaneceu baixo dominio sueco até 1807, perdida tras o asedio de tropas napoleónicas e, despois do Congreso de Viena, en 1815 pasou a ser parte de Prusia.
Ao dividirse Alemaña tras o final da segunda guerra mundial, Stralsund quedou dentro da República Democrática Alemá (RDA).
Tras a caída do Muro de Berlín en 1989 e a reunificación alemá, a cidade integrouse na RFA e, por tanto, na Unión Europea.
Stralsund constitúe un feudo electoral da Chanceler de Alemaña Angela Merkel, a primeira muller que exerce como xefe do goberno en Berlín desde 2005.[1]
Ao igual que o resto da ex-RDA, Stralsund tivo problemas para acoplarse ao sistema da RFA. Porén, a cidade destaca por ser unha das que mellor souberon adaptarse á Nova Economía aproveitando as constantes subvencións do goberno federal e da Unión Europea.
Xunto coa cidade de Wismar foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2002, no conxunto chamado Centros históricos de Stralsund e Wismar,[2] xustificándose porque Wismar e Stralsund eran os centros líderes da sección véndica da Liga Hanseática desde o século XIII ao XV e centros administrativos e de defensa principais no reino sueco dos séculos XVII e XVIII. Contribuíron ao desenvolvemento e á difusión das técnicas de construción en ladrillo e tipos de edificación, trazos característicos das cidades hanseáticas na rexión do Báltico, así como ao desenvolvemento de sistemas de defensa no período sueco.
Ademais, Stralsund e Wismar teñen unha importancia crucial no desenvolvemento das técnicas de construción e urbanismo que se fixeron típicos das cidades comerciais hanseáticas, ben documentadas nas principais igrexas parroquiais, o casa do concello de Stralsund e os tipos de edificios comerciaos como a Dielenhaus.[3] Protéxense dous lugares:
Código | Zona | Coordenadas |
---|---|---|
1067-001 | Straslund | 54°18′09″N 13°05′7″L |
1067-002 | Wismar | 53°53′00″N 11°28′00″L |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.