From Wikipedia, the free encyclopedia
Estevo Nemanjić (en serbio latino Stefan Nemanjić, en serbio cirílico Стефан I Немањић), coñecido tamén como Estevo I Nemanjić, Estevo II Nemanjić e Stefan Prvovenčani (Estevo o Primeiro Coroado) na historiografía en galego ou Stefan (I ou II) Nemanjić),[1][2] nado en 1165 e falecido en 1228, coñecido como o gobernante do Estado serbio de Raška que logrou promover este principado á condición de reino.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1166 valor descoñecido |
Morte | 24 de setembro de 1228 (61/62 anos) valor descoñecido |
Lugar de sepultura | Mosteiro de Studenica (pt) 43°29′11″N 20°31′54″L |
Rei | |
1217 – 1228 | |
Grand prince of Raška (en) | |
25 de marzo de 1196 – 1217 | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa ortodoxa serbia |
Actividade | |
Ocupación | gobernante, líder militar |
Enaltecemento | |
Familia | |
Familia | Casa de Nemanjić |
Cónxuxe | Anna Dandolo (1217–) Eudóxia Angelina (1186 (Gregoriano)–1198 (Gregoriano)) |
Fillos | Estevo Radoslav () Eudóxia Angelina Komnena Nemanjić () Eudóxia Angelina Estevo Vladislav I () Eudóxia Angelina Sava II de Serbia () Eudóxia Angelina Estevo Uroš I () Anna Dandolo |
Pais | Estevo Nemanja e Anastasia of Serbia |
Irmáns | Sava de Serbia Vukan Nemanjić of Serbia |
Cronoloxía | |
2017 | coroación (Church of Saint Apostles Peter and Paul (en) ) |
1221 | crisma (pt) (Church of Saint Apostles Peter and Paul (en) ) |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Estevo o Primeiro Coroado foi o segundo fillo do Gran Župan (Gran Príncipe) Estevo Nemanja, irmán máis novo de Vukan, que gobernaba o Principado de Zeta e irmán máis vello de Rastko Nemanjić, coñecido despois como San Sava, que foi o fundador da Igrexa Ortodoxa Serbia independente. Heredou o título de Gran Župan en 1196, cando o seu pai abdicou para se facer monxe.[3]
O seu reinado comezou cunha loita contra seu irmán Vukan, que o expulsou de Serbia co apoio do Reino de Hungría. Estevo aliouse co rei Kaloyan de Bulgaria, que puxo á súa disposición un exército de cumáns a cambio de territorios do leste de Serbia. A crise terminou cando Sava negociou unha paz entre os seus dous irmáns e Estevo recuperou o seu poder.
Dado que a curia serbia tiña ambicións para estender a súa influencia nos Balcáns, Estevo usou estas circunstancias propicias para obter a súa coroa real, converténdose así no primeiro rei serbio. En Bizancio, o seu irmán Sava conseguiu asegurar a posición autocéfala para a Igrexa serbia, obtendo un arcebispado de Manuel I, Patriarca de Constantinopla, co se converteu no primeiro arcebispo ortodoxo serbio. Así, os serbios adquiriron ambas as formas de independencia: temporal e relixiosa.
Foi coroado en 1217 polo papa Honorio III, sendo o seu título completo "Rei das terras de Raška, Duklja, Travunia, Dalmacia e Zachlumia", aínda que a versión máis curta foi "Rei dos serbios", elevando o estado á categoría de reino independente, recoñecido internacionalmente. Cando recibiu o título de rei adoptou o nome de Estevo II Nemanjić,[4] aínda que tamén é coñecido como Estevo Prvovenčani (o Primeiro Coroado), como primeiro monarca da dinastía.
Estevo casou, entre 1185 e 1187, con Eudocia Angelina, a filla máis nova do emperador bizantino Aleixo III Anxo e Eufrósine Ducas, e neta do emperador Isaac II Anxo.
Segundo o historiador Nicetas Choniates, Estevo e Eudocia tiveron unha difícil relación e sepáraronse, acusándose mutuamente de adulterio, despois de teren tres fillos. Volveu casar en 1207 ou 1208 con Ana Dandolo, neta do Dux de Venecia Enrico Dandolo, coa que tivo un fillo e unha filla.
A Estevo II sucerérno, sucesoivamente, tres dos seus fillos: Radoslav (Estevo III), Vladislav e Uros Nemanjić, que marcaron un período de estancamento da estrutura do estado.
Radoslav (1228-1233) desempeñou un reinado carente de acontecementos importantes, sendo tutelado politicamente polo Despotado de Epiro;[5] o seu medio irmán (1233-1243) aproveitou a impopularidade de Radoslav para derrocalo e instaurar un goberno moi influído polo Segundo Imperio búlgaro, cuxo emperador Iván Asen II de Bulgaria era o seu sogro.[6]
O terceiro fillo de Estevo II Prvovenčani que accedeu ao trono foi Estevo Uroš I (1243–1276), que tamén derrocou ao seu irmán aproveitando a debilidade de Bulgaria, o seu principal apoio. Ademais, beneficiouse do declive dos búlgaros en Epiro para intentar expandir os seus territorios, alcanzando os seus confíns a Dubrovnik e Hungría
Predecesor: Estevo Nemanja Gran Župan de Raška |
Rei de Serbia 1217 – 1228 |
Sucesor: Estevo Radoslav |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.