From Wikipedia, the free encyclopedia
Stavros Theodorakis (en grego:Σταύρος Θεοδωράκης), nado en Drapanias en 1963, é un xornalista e político, deputado e líder do partido To Potami.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de febreiro de 1963 (61 anos) Drapanias, Grecia (en) |
Deputado do Parlamento Helénico | |
3 de outubro de 2015 – Lexislatura: 17th Hellenic Parliament (en) Circunscrición electoral: Tesalónica A | |
Datos persoais | |
Residencia | Atenas |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, político |
Empregador | 902 Left FM (en) Skai 100.3 (en) |
Partido político | To Potami (pt) |
Natural da illa de Creta, non obstante criouse en Agia Varvara, un arrabalde de Atenas. Comezou a súa carreira xornalística en 1984, traballou nas estacións de radio 902 FM e Skai 100.3, así como no xornal Eleftherotypia. Entre 1985 e 1987 estivo comprometido na educación da poboación romaní.[1] Tamén escribiu tres libros.
En 2000 comezou a presentar o programa Πρωταγωνιστές (Protagonistas) na canle pública de TV, NET e en 2006 pasou á estación privada Mega TV. Os sábados mantiña unha columna no xornal Ta Nea.
O 26 de febreiro de 2014, anunciou a súa decisión para deixar tanto o espectáculo de televisión como a súa columna para lanzar un novo partido, aseverando que a supervivencia dun país non pode depender da bondade dos seus acredores."[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.