Stadion Energa Gdańsk
From Wikipedia, the free encyclopedia
O PGE Arena Gdańsk (pronunciación polaca: [ˈpɛ ˈgʲɛ ˈɛ aˈrɛna ˈgdaɲsk]), antes denominado Baltic Arena, é un estadio de fútbol situado en Gdańsk, na costa báltica de Polonia. O estadio atópase na ul. Pokoleń Lechii Gdańsk ("Rúa das xenenaracións de Lechia Gdansk") na parte norte da cidade, no distrito de Letnica. A capacidade das bancadas é para 43.615 espectadores, todos sentados e cubertos. O PGE Arena é o estadio máis grande da Ekstraklasa, máxima competición do fútbol polaco, xa que nel xoga os seus partidos como local o Lechia Gdansk. En canto ao global do país é o tercero máis grande, despois do Estadio Nacional de Varsovia e do Stadion Śląski.
PGE Arena Gdańsk | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 54°23′24″N 18°38′25″L |
Localización | Gdańsk, Polonia |
Outros nomes | Baltic Arena |
Construción | |
Inauguración | 14 de agosto de 2011 |
Arquitecto | Rhode Kellermann Wawrowsky |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 105 x 68 |
Capacidade | 43.615 |
Propietario | Cidade de Gdańsk |
Localía | Lechia Gdańsk |
Web | http://pgearena.gdansk.pl/#start e https://polsatplusarenagdansk.pl/ |
Eventos | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A construción do estadio comezou en 2008 e rematou a mediados de 2011. O partido inaugural xogouse entre o Lechia Gdansk e o Cracovia Kraków, acabando con empate a un gol. O primeiro partido internacional, Polonia contra Alemaña, disputouse o 6 de setembro de 2011, e finalizou con outro empate, esta vez a dous goles. Este partido en principio íase xogar no Estadio Nacional de Varsovia, máis foi trasladado a Gdańsk debido a que o estadio aínda non finalizara a súa construción.
O PGE Arena é tamén unha das sedes oficiais da Eurocopa 2012 de Polonia e Ucraína. Será sede de catro partidos do torneo, tres partidos do Grupo C e un dos cuartos de final. Dende 2010 o nome oficial do estadio é PGE Arena debido a un acordo de patrocinio coa empresa Polska Grupa Energetyczna (PGE Group).