From Wikipedia, the free encyclopedia
Spacemen 3 foi unha banda inglesa de rock psicodélico formada en 1982 en Rugby, Warwickshire que desenvolveu o seu propio estilo de psicodelia minimalista, ás veces achegándose á música de vangarda. O seu estilo tamén chegou a ser categorizado como post-punk e space rock.
Spacemen 3 | |
---|---|
Orixe | Rugby, Warwickshire, Inglaterra |
Período | 1982 - 1991 |
Xénero(s) | rock alternativo, space rock, neopsicodelia |
Selo(s) discográfico(s) | Glass Records, Fire Records, Dedicated Records, Bomp! Records |
Membros | Jason Pierce Peter Kember Pete Bain Natty Brooker Sterling Roswell Will Carruthers Jonny Mattock Mark Refoy |
Na rede | |
Spacemen 3 formárona en 1982 Jason Pierce, tamén coñecido como "J. Spaceman", e Peter Kember, coñecido como "Sonic Boom", que se coñeceran na escola de arte. Tanto Pierce como Kember eran guitarristas, teclistas e vocalistas, polo que integraron ao baixista Pete "Bassman" Bain e ao batería Natty Brooker. Eles tocaron xuntos un par de anos, pero só realizando concertos de baixo perfil en clubs locais antes da edición do seu primeiro álbum, Sound of Confusion, no ano 1986. Este primeiro traballo tiña un son garage rock lo-fi, pero o segundo, The Perfect Prescription (1987), amosou un cambio marcado cara á psicodelia minimalista pola que son coñecidos. Nesa época Natty deixou o grupo e a batería foi ocupada por Sterling Roswell, coñecido como Rosco.
Bain e Rosco marcharon para unirse a The Darkside, e Will Carruthers entreou como baixista, pero a banda non tiña batería oficial cando gravaron Playing with Fire. Editado en 1989, o álbum expandía a psicodelia e a música drone dos seus traballos anteriores, e incluía o sinxelo“Revolution”, que acadou o número 1 na lista independente británica. Jonny Mattock uniríase como batería e a banda pasou a meirande parte do ano 1989 xirando polo Reino Unido e Europa. Eses foron os seus últimos concertos públicos, xa que tiñan unha xira estadounidense que tivo que ser cancelada xa que non conseguiron os seus visados para viaxar a ese país debido a problemas con drogas. A banda realizou o seu derradeiro concerto no Reading Festival de 1989. Os problemas coas drogas e a tensión no seo do grupo (sobre todo entre Kember e Pierce) empezaron a estragar a banda. Recurring, editado en 1991, foi o seu derradeiro álbum oficial, e amosa a distancia entre Pierce e Kember ao gravar cadansúas partes en estudios distintos. O disco foi o seu traballo máis popular, pero cando foi lanzado Kember xa formara Spectrum e Pierce, Carruthers e Mattock xa actuaran como Spiritualized. Para os seus derradeiros concertos, Mark Refoy uniuse ao grupo, pero o colmo final foi a decisión de Pierce de editar unha versión do tema de The Troggs "Anyway That You Want Me" como primeiro sinxelo de Spiritualized, algo que Kember quixo facer durante anos con Spacemen 3. A banda acabaría separándose no ano 1991.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.