From Wikipedia, the free encyclopedia
Space Coast é unha rexión vernácula no estado de Florida ao redor do Centro Espacial John F. Kennedy (no acrónimo en inglés, KSC) e da Estación da Forza Aérea de Cabo Cañaveral. Todos os lanzamentos de voos espaciais tripulados da NASA (empezando polo Proxecto Mercury en 1961 ata o fin do programa transbordadores espacias en 2011) partiron ou ben do KSC ou ben de Cabo Cañaveral. Na Estación da Forza Aérea tiveron tamén lugar lanzamentos de foguetes espaciais militares e civís non tripulados. A área inclúe as cidades de Titusville, Cocoa, Rockledge, Cabo Cañaveral, Merritt Island (non incorporada), Cocoa Beach, Melbourne, Indialantic e Palm Bay. A maior parte da área sitúase dentro dos límites do Condado de Brevard. Limita ao sur coa Treasure Coast; ao oeste e o norte con Florida Central (rexión á que está ligada economicamente); e ao leste co océano Atlántico.
Ademais do KSC e da Estación da Forza Aérea de Cabo Cañaveral, teñen relación polos seus nomes con Space Coast os seguintes lugares:
Cando a zona pasou a ter moita poboación para servirse dun só prefixo telefónico, un residente local[13] descubriu que o prefixo nº 321 non estaba asignado a ningún outro territorio (aínda que considerábase por entón que pertencía á área suburbana de Chicago)[14]. Se cada un dos números era pronunciado individualmente —"3, 2, 1"—, a serie lembraba á conta regresiva antes dun lanzamento; así que os residentes solicitaron a asignación do código á rexión de Space Coast. A idea callou entre a poboación local e, finalmente, o novo prefixo telefónico fíxose efectivo oficialmente o 1 de novembro de 1999[15].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.