Sotalia fluviatilis é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos que vive tanto nas costas do norte e o leste de Suramérica como nos ríos da bacía do Amazonas. Aínda que comparte o seu hábitat cos chamados golfiños de auga doce non está relacionada con eles filoxeneticamente, xa que está clasificada dentro do grupo dos delfínidos ou golfiños oceánicos.
Sotalia fluviatilis | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||||
Datos insuficientes [1] | |||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||
Sotalia fluviatilis (Gervais & Deville, 1853) [2] | |||||||||||||||||||||||||||||
Distribución de Orcaella brevirostris | |||||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||||
|
Taxonomía
A especie foi descrita por Gervais e Deville en 1853 como Delphinus fluviatilis'[2] e máis tarde reclasificada dentro do xénero Sotalia, creado por John Edward Gray en 1866, primeiro polo propio Gray e 1853 como Sotalia fluviatilis fluviatilis, despois por Gervais en 1855 como S. pallida e máis tarde, en 1856, por Gray como S. tucuxi. Como hoxe non están admitidas subespecies neste xénero, o nome científico válido actualmente é Sotalia fluviatilis Gervais e Deville, 1853.
Durante moitos anos considerouse s Sotalia como un xénero monotípico, até que en 2007, como resulado de análises morfométricos e de ADN mitocondrial.[3] separouse del Sotalia guianensis [3][4] como especie distinta.[5]
Por certo, o nome específico tucuxi que lle aplicou Gray en 1853 ten a mesma orixe que o do xénero Tucuxa, creado polo citado Gray en 1966 e hoxe considerado como sínónimo de Sotalia. Ambos os termos derivan do tupí tukuxí-ana, que é o nome que lle dan a este golfiño os indíxenas do Amazonas. E por iso tucuxi (con pronuncia aguda) foi adoptado pola comunidade científica internacioinal cono nome vulgar da especie.
Descrición
As características principais deste golfiño son:[6]
- Corpo de pequeno tamaño, robusto, de forma que recorda, a algúns observadores, á da beluga, ou á do arroaz a outros, pero de menor tamaño, de até 2,1 de lonxutude nos espécimes exclusivamente mariños e de tan só 1,5 m nos exclusivaemte fluiviais.
- A coloración é relativamente clara, especialmente na rexión ventral. O dorso é de cor gris azulada no dorso e nos flancos, con variacións que poden ir desde unha tonalidade gris azulada algo escura até a azul clara, pasando por unha gris intermedia. A rexión ventral é moito máis clara, a miiúdo rosada no ecotipo fluvial e gris pálida no medio mariño.
- A cabeza é arredondada, roma, con melón de gran tamaño e con bico á penas marcado.
- A aleta dorsal é curta, tiangular e co ápice romo. En cambio as aletas pectorais son longas, anchas, espatuladas ou apuntadas, cos bordos anteriores moi curvos. O pedúnculo caudal é estreito, rematando nunha aleta caudal ancha, cunha profunda fendewdura media separando os dous lóbulos, que teñen os bordos posteriores lixeiramente cóncavos.
Comportamento
É un nadador lento. Emerxe cun movemento de xiro suave e lanto, como un balanceo. As inmersióins duran de 30 a 60 seg, e adoitan de ir seguidos de 3 respiracións en rápida sucesión. É capoaz de permanecer mergullado até 12 min. Amosa pouco de si mesmo na superficie, pero ás veces saca a cabeza da auga para vixiar, dá golpes coa cola na auga ou salta. Para facer inmersións profundas levanta a cola da auga arqueando o pedúnculo caudal.[6]
Distribución e poboación
Os espécimes mariños encóntranse cerca dos estuarios, enseadas protexidas e outras zonas de augas pouco profundas en todo o norte e o leste da costa de Suramérica, imcluíndo as do sur do mar Caribe. Tense visto tan lonxe ao norte como en Nicaragua, e polo sur até Florianópolis (Brasil). Os fluviais habitan ao longo do río Amazonas e en moitos dos seus afluentes. Encóntranse no Perú, ao sueste de Colombia e no Ecuador oriental. Varios exemplares foron vistos no río Orinoco e no lago de Maracaibo (Venezuela).[6] O status das súas poboacíóns descoñécense, e por iso a UICN cualificou a especie como "CC" (datos insuficientes).[1]
Alimentación
Aliméntase, en augas abertas e nos fondos, de camaróns e outros crustáceos, peixes e cefalópodos.[6]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.