Soro (botánica)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Nos fieitos, un soro é unha agrupación de esporanxios no bordo ou no envés dunha fronde fértil. En moitas especies, están protexidos por unha cuberta chamada indusio.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d1/SoriDicksonia.jpg/640px-SoriDicksonia.jpg)
Os soros fórmanse na xeración de esporófitos, os esporanxios dentro producen medioesporas haploides . Ao madurar os esporanxios, o indusio murcha e as esporas aínda non poden liberarse até que o esporanxio se destrúe.
A forma, disposición, e situación dos soros son valiosos puntos para a taxonomía dos fieitos. Os soros poden ser circulares ou lineais; en filas, paralelos ou oblicuos á marxe, ou aleatoriamente. Tamén a presenza ou ausencia do indusio serve para a taxa.
Nos fungos e liques, un soro é unha agrupación de esporanxios rodeados por unha capa externa.
Os cenosoros son conxuntos de soros agrupados