Esporófito
From Wikipedia, the free encyclopedia
O esporófito é unha fase diploide multicelular que ten lugar nas plantas, e naquelas algas que comparten coas primeiras a presenza de alternancia de xeracións heterofásica.
Esta fase produce por meiose esporas haploides (meiosporas), do desenvolvemento das cales derivan individuos haploides, chamados gametófitos.
Un esporófito desenvólvese por proliferación celular (mitose) a partir dun cigoto, formado por fecundación, é dicir, a fusión de dous gametos ou células sexuais haploides, orixinados en órganos especializados chamados gametanxios que se desenvolven sobre os gametófitos.