![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/16/I_am_legend.svg/langgl-640px-I_am_legend.svg.png&w=640&q=50)
Son lenda
Filme de 2007 dirixido por Francis Lawrence / From Wikipedia, the free encyclopedia
Son lenda (en inglés: I Am Legend) é un filme estadounidense de ficción científica dirixido por Francis Lawrence que se estreou no 2007. É a terceira adaptación da novela homónima de Richard Matheson de 1954, sendo a primeira The Last Man on Earth (1964) e The Omega Man (1971). Smith interpreta o virólogo Robert Neville, que é inmune a un virus creado polos seres humanos orixinalmente para curar o cancro. Traballa para crear unha cura ó tempo que se defende das vítimas do virus, que se converteron en mutantes hostiles.
Son lenda | |
---|---|
![]() Logo do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | I Am Legend |
Director | Francis Lawrence |
Produtor | Akiva Goldsman David Heyman James Lassiter Neal H. Moritz Tracy Torme |
Guión | Akiva Goldsman Mark Protosevich |
Baseado en | I Am Legend de Richard Matheson |
Intérpretes | Will Smith Alice Braga |
Música | James Newton Howard |
Fotografía | Andrew Lesnie |
Montaxe | Wayne Wahrman |
Estudio | Village Roadshow Pictures Weed Road Pictures Overbrook Entertainment Heyday Films Original Film |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 100 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Ficción científica |
Orzamento | $150 000 000[1] |
Recadación | $585 349 010 |
Na rede | |
http://iamlegend.warnerbros.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Warner Bros. comezou a desenvolver Son lenda en 1994, e varios directores e actores foron propostos para o proxecto, pero a produción foi posposta por mor da falta de orzamento. A produción comezou no 2006 en Nova York, sendo rodada en varias localizacións da cidade, e incluíndo unha escena de $5 millóns[2] na Ponte de Brooklyn.
Son lenda foi estreado o 14 de decembro de 2007 nos Estados Unidos e no Canadá, conseguindo a meirande recadación da historia dun filme non relacionado co Nadal en decembro. Estreouse en galego na TVG o 6 de xaneiro de 2011.[3]