música venezolana From Wikipedia, the free encyclopedia
Soledad Bravo, nada en Logroño o 13 de novembro de 1943, é unha cantante venezolana de orixe española, considerada unha das máis importantes voces da América Latina.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1943 (81 anos) Logroño, España |
Educación | Universidade Central de Venezuela |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Período de actividade | 1968 - |
Instrumento | Voz |
Iniciouse profesionalmente musicalizando e interpretando poemas propios de España e América Latina nos anos sesenta. Foi descuberta por Sofía Imber no teatro de arquitectura da Universidade Central de Venezuela.
Axiña deu os seus primeiros pasos dentro da "canción necesaria", mostrándose coma unha cantora revolucionaria con ideas socialistas, de esquerda, sendo unha das principais representantes da "Nova canción latinoamericana" xunto a Mercedes Sosa. Despois da morte de Francisco Franco viviu catro anos en España, converténdose nunha das cantantes máis relevantes da transición, gravando un disco xunto ao poeta gaditano Rafael Alberti, alcanzando certa fama non só neste país senón tamén en moitos outros de Europa, destacando Francia. Cando marchou do país natal, deu unha volta á súa carreira co disco Caribe, con ritmos tropicais, que se converte en superventas en América Latina.
Os seus ritmos musicais van dende o folk, o jazz, a salsa, a ranchera e o bolero, sendo considerada a cantante máis versátil de Latinoamérica. No seu repertorio hai máis de trinta álbums, nos que canta xunto a Alí Primera, Silvio Rodríguez, Atahualpa Yupanqui, Violeta Parra, Pablo Milanés ou Joaquín Sabina. Ademais de en castelán, interpretou algúns temas en portugués, francés e mesmo en galego (a canción popular "A raíz dun toxo verde", incluída no seu primeiro álbum).
Gravou máis de 40 discos, que foron editados en toda América Latina e gran parte de Europa, mesmo Turquía. O seu máis grande éxito veulle da man de Willie Colón co disco Caribe, que vendeu máis de 300.000 copias.
En outubro de 2007 celebrou os seus 40 anos de profesión cun concerto na Aula Magna da Universidade Central de Venezuela, recinto que viuna nacer como cantante, e desde entón realizu varios concertos por diversas cidades venezolanas, participando así mesmo en diversos manifestos contra do goberno de Hugo Chávez.
Soledad Bravo está casada co chileno Antonio Sánchez, que é o seu representante, e ten unha filla, Ana Sol, tamén vinculada ó mundo da música.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.