satélite artificial da NASA lanzado en 1981 From Wikipedia, the free encyclopedia
Solar Mesosphere Explorer, coñecido tamén polo seu acrónimo SME e como Explorer 64, foi un satélite artificial da NASA lanzado o 6 de outubro de 1981 mediante un foguete Delta 2310 desde a base Vandenberg da Forza Aérea, en California.[2][3][5]
SME / Solar Mesosphere Explorer / Explorer 64 | |
---|---|
Tipo | Científico |
Organización | NASA |
Contratistas principais | Ball Aerospace |
Data de lanzamento | 6 de outbro de 1981[1][2][3][4] |
Foguete portador | Delta 2310[2][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2][6] |
Duración da misión | 7 anos[6] |
Obxectivo da misión | Estudo do ozono na alta atmosfera.[2][6] |
Decaemento | 5 de marzo de 1991[1] |
NSSDC ID | 1981-100A |
Masa | 145,0 kg[2][5][6] |
Dimensións | Cilindro de 1,7 m de alto e 1,25 m de diámetro[2] |
A misión de SME foi estudar a creación e destrución do ozono na mesosfera terrestre e na estratosfera superior, relacionándoo co fluxo de luz solar ultravioleta e coa temperatura en ditas capas atmosféricas. Tamén investigou a relación entre o ozono e o vapor de auga e o dióxido de nitróxeno.[2][3][4][5]
O satélite, pertencente ao programa Explorer, estabilizábase mediante xiro a 5 r.p.m., co eixo de xiro perpendicular ao plano orbital, e estaba situado nunha órbita heliosincrónica. Tiña forma de cilindro de 1,7 m de alto e 1,25 m de diámetro e estaba composto por dous módulos: o módulo de observación, cos instrumentos científicos, e o bus da nave, cos sistemas de enerxía, propulsión e comunicacións. O sistema de mando e control podía executar comandos tanto en tempo real como almacenados na memoria do satélite. A enerxía era proporcionada por células solares que alimentaban unha batería de níquel-cadmio.[2][3][4][5]
Como instrumentos, SME levaba a bordo un espectrómetro solar ultravioleta, un espectrómetro no ultravioleta para o ozono, un radiómetro infravermello, un espectrómetro para lonxitudes de onda de 1,27 micrómetros e un espectrómetro para o dióxido de nitróxeno, así como un detector de protóns solares para o rango entre 30 e 500 MeV.[2][3][4][5]
Tódolos instrumentos da nave foron apagados en decembro de 1988 por problemas de enerxía a bordo. O contacto co satélite perdeuse o 14 de abril de 1989 despois dun fallo coa batería e reentrou na atmosfera terrestre o 5 de marzo de 1991.[2][3][4][5]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Solar Mesosphere Explorer |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.