Sol de Verxina
Símbolo grego antigo / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Sol de Verxina, tamén coñecido como estrela de Verxina e estrela arxéada,[1] é un sol ou estrela de dezaseis raios. Foi desenterrada en 1977 durante unhas escavacións arqueolóxicas en Verxina, situada na rexión grega de Macedonia, polo arqueólogo Manolis Andronikos. Descubriuna gravada nun cofre dourado colocado na tumba dos reis do antigo reino macedonio.
![]() |
Andronikos describiu o símbolo como unha estrela, os raios dunha estrela ou os raios do Sol.[2] Creu que o cofre no que aparecía pertencera ao rei Filipo II de Macedonia, pai de Alexandre o Grande; outros historiadores suxeriron que a tumba pertenceu realmente a Filipo III Arrideo,[3] que reinou despois de ambos.