Sociedade Linneana de Londres
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Sociedade Linneana de Londres (Linnean Society of London) é unha sociedade científica dedicada ao estudo e a difusión da taxonomía e historia natural.[1] Publica estudos de zooloxía, botánica e bioloxía.[2] Tamén edita The Linnean, unha revista dedicada á historia desta sociedade e á taxonomía en xeral.
Fundouse en 1788 e debe o seu nome ao naturalista sueco Carl von Linné (1707-1778). A súa sede está situada Burlington House, Piccadilly, Londres. Para converterse en membros requírese o nomeamento por polo menos dous membros e elección. Os membros (fellows) usan a designación FLS despois dos seus nomes. Entre os seus membros estivo Charles Darwin desde 1854.[3]