Smog fotoquímico
From Wikipedia, the free encyclopedia
Denomínase smog fotoquímico á contaminación do aire, principalmente en áreas urbanas, por ozono orixinado por reaccións fotoquímicas, e outros compostos. Como resultado obsérvase unha atmosfera dunha cor tirando a vermella. O ozono é un composto oxidante e tóxico que pode provocar no ser humano problemas respiratorios. Este tipo de smog describiuse por primeira vez nos Ánxeles (California) na década de 1940, e acostúmase a dar en cidades con bastante tráfico (emisión de óxido nítrico, NO, e compostos orgánicos volátiles, COVs), cálidas e soleadas, e con pouco movemento de masas de aire.