![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1b/Slowdive_Primavera.jpg/640px-Slowdive_Primavera.jpg&w=640&q=50)
Slowdive
From Wikipedia, the free encyclopedia
Slowdive é unha banda inglesa de shoegaze formada no ano 1989 en Reading. Estivo composta principalmente por Nick Chaplin (baixo), Rachel Goswell (voces, guitarra), Neil Halstead (voces, guitarra) e Christian Savill (guitarra). Varios baterías tocaron no grupo, incluídos Ian McCutcheon, Adrian Sell, e, o máis destacado Simon Scott, que tocou nos seus dous primeiros álbums e no último, homónimo da banda. Halstead é o seu principal compositor.
![]() | |
---|---|
![]() A banda no NOS Primavera Sound 2014 | |
Orixe | Reading, Inglaterra ![]() |
Período | 1989 - 1995 2014 |
Xénero(s) | dream pop, shoegazing |
Selo(s) discográfico(s) | Creation Records, SBK Records |
Membros | Nick Chaplin Rachel Goswell Neil Halstead Christian Savill Simon Scott |
Antigos membros | Adrian Sell Neil Carter Ian McCutcheon |
Artistas relacionados | The Pumpkin Fairies, Eternal, The Colour Mary, The Charlottes, Zurich, Mojave 3, Televise, Lowgold, The Sight Below, Monster Movie, Black Hearted Brother, Minor Victories |
Na rede | |
slowdiveofficial.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Goswell e Halstead coñecíanse xa dende a súa infancia en Reading, Berkshire, cando Goswell era unha seareira obsesiva de The Smiths. Scott deixou o grupo en 1994 e cando Savill e Chaplin marcharon despois do lanzamento de Pygmalion, os restantes membros cambiaron o nome do grupo para Mojave 3.
A banda reuniuse en 2014 anunciando que tocaría no festival Primavera Sound de Barcelona.[1]