![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/39/SittaVictoriae.svg/langgl-640px-SittaVictoriae.svg.png&w=640&q=50)
Sitta victoriae
From Wikipedia, the free encyclopedia
Sitta victoriae é unha especie de ave da familia dos Sittidae, os gabeadores. É un pequeno gabeador, que mide uns 11,5 cm de lonxitude, e sen dimorfismo sexual. Igual que moitos gabeadores, as partes superiores son grises azuladas, que contrastan coas partes inferiores brancas da gorxa, cara e peito e as laranxas dos flancos, o ventre e o baixo ventre. O seu sobrecello branco permite, xunto con outros criterios, distinguilo doadamente de S. himalayensis que é unha especie próxima tanto xeograficamente coma sistematicametne. A súa ecoloxía coñécese pouco, pero sábese que se alimenta de pequenos insectos que encontra entre as codias de árbores e liques e a reprodución ten lugar polo mes de abril.
Sitta victoriae | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() En perigo[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Sitta victoriae' Rippon, 1904 | |||||||||||||||
![]() Distribución aproximada de S. victoriae, endémico dunha pequena zona de Birmania. | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Sitta himalayensis victoriae (Rippon, 1904) |
S. victoriae é endémica da zona do monte Nat Ma Taung, tamén chamado monte Victoria (de onde lle vén o nome), que se atopa no sur das montañas Chin, en Birmania. Vive en carballeiras vellas de cotas altas, xeralmente por riba de 2 600 m. Os efectivos da especie coñécense mal pero estímanse nuns poucos milleiros de individuos, están ameazados pola destrución do hábitat polos incendios e a presión antrópica. Por estas razóns, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza considera este paxaro como especie en perigo.