![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cf/SittaFormosaGould.jpg/640px-SittaFormosaGould.jpg&w=640&q=50)
Sitta formosa
especie de aves da familia Sittida / From Wikipedia, the free encyclopedia
Sitta formosa é unha especie de aves da familia Sittidae, chamados todos gabeadores. É un gabeador grande, que mide 16,5 cm de lonxitude, que non presenta dimorfismo sexual. As partes superiores son de cor negra e azul celeste, con liñas brancas e azul claras na cabeza e coas plumas remeiras flanqueadas coas mesma cores. As partes inferiores son laranxas e a zona sobre os ollos e a gorxa son de cor ocre. Unha liña escura irregular salienta os seus ollos. A ecoloxía desta especie non está totalmente descrita, pero sábese que se alimenta de pequenos insectos e larvae que encontra nos troncos e pólas cubertas de plantas epífitas. A reprodución ten lugar de abril a maio; sitúan o niño en ocos de carballos, rododendros ou outras árbores grandes. O niño está feito de material vexetal e pelo de mamíferos e nel poñen normalmente de catro a seis ovos.
Sitta formosa | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Ilustración de Sitta formosa feita por John Gould e H. C. Richter | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Vulnerable[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Sitta formosa Blyth, 1843 |
Aínda que a especie se encontra na maioría dos países do sueste asiático continental, pero parece ser escaso ao longo da súa área de distribución, e a súa poboación está moi localizada en determinadas zonas. A ave aniña principalmente en bosques de montaña a alturas desde os 950 m ata os 2 300 m, con algúns axustes de altura estacionais, baixando ata os 300 m en inverno. A súa localización aparente na súa área fai difícil estimar a súa poboación, pero o seu hábitat está ameazado pola deforestación e a especie parece estar en declive. Foi clasificada como especie vulnerable pola IUCN.