![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6c/CpG_vs_C-G_bp.svg/langgl-640px-CpG_vs_C-G_bp.svg.png&w=640&q=50)
Sitio CpG
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os sitios CpG ou sitios CG son rexións do ADN nas que un nucleótido de citosina vai seguido dun nucleótido de guanina na secuencia linear de bases en dirección 5' → 3'. Os sitios CpG aparecen con altas frecuencias en rexións xenómicas chamadas illas CpG (ou illas CG). As citosinas dos dinucleótidos CpG poden ser metiladas para formar 5-metilcitosinas. Os enzimas que engaden estes grupos metilo denomínanse ADN metiltransferases. En mamíferos, do 70% ao 80% das citosinas dos sitios CpG están metiladas.[1] Metilar citosinas nun xene pode cambiar a súa expresión e é un mecanismo que forma parte dun amplo eido da bioloxía que estuda a regulación denominado epixenética.
Máis información Sitios CpG, Sitios GpC ...
Sitios CpG | Sitios GpC |
---|---|
![]() | ![]() |
Distribución dos sitios CpG (esquerda: en vermello) e sitios GpC (dereita: en verde) no xene humano APRT. Os CpG son máis abondosos na rexión augas arriba do xene, onde forman unha illa CpG, mentres que os GpC están distribuídos máis homoxeneamente. Os cinco exóns do xene APRT indícanse en azul, e os codóns de inicio (ATG) e de terminación (TGA) salientáronse en letra grosa azul. |
Pechar
Non confundir con Oligodesoxinucleótido CpG.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6c/CpG_vs_C-G_bp.svg/320px-CpG_vs_C-G_bp.svg.png)