Sinagoga Vella-Nova
sinagoga de Praga e monumento nacional da República Checa / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Sinagoga Vella-Nova (en checo: Staronová synagoga, en alemán: Altneu-Synagoge)[1] situada en Josefov, Praga, é a sinagoga máis antiga do mundo aínda en uso. É ademais a sinagoga medieval en pé máis vella. Rematada en 1270 en estilo gótico foi unha das primeiras edificacións de Praga con ese estilo arquitectónico. Había unha sinagoga máis antiga na cidade, coñecida como a Sinagoga Vella, pero foi demolida en 1867 e substituída pola Sinagoga Española.
Datos rápidos País, Coordenadas ...
Sinagoga Vella-Nova | |
---|---|
País | República Checa |
Coordenadas | 50°05′24″N 14°25′07″L |
Estilo | Arquitectura gótica |
Páxina web | http://www.synagogue.cz/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar