From Wikipedia, the free encyclopedia
Simeón Uroš Nemanjić, alcumado Siniša (en cirílico serbio: Симеон Урош Синиша Немањић), tamén coñecido en grego como Symeōn Uresēs Palaiologos (Συμεών Ούρεσης Παλαιολόγος), foi o déspota de Epiro desde 1359 até 1366, e de Tesalia desde 1359 até a súa morte en 1370. Gobernou Epiro e Acarnania baixo o seu medio irmán o emperador Estevo Uroš IV Dušan desde 1348, e nos anos posteriores á morte do emperador, afirmouse como un gobernante independente destas rexións do sur do Imperio serbio, sendo autoproclamado emperador dos serbios e os gregos en rivalidade co seu sobriño Estevo Uroš V.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1326 (Gregoriano) valor descoñecido |
Morte | 1371 (44/45 anos) valor descoñecido |
Relixión | Igrexa ortodoxa serbia |
Actividade | |
Ocupación | gobernante |
Familia | |
Familia | Casa de Nemanjić |
Cónxuxe | Thomais Orsini |
Fillos | Stefan Uroš, John Uroš, María Anxelina Ducaina Paleóloga |
Pais | Estevo Uroš III Dečanski e María Paleóloga (raíña de Serbia) |
Irmáns | Estevo Uroš IV Dušan Theodora Nemanjić Jelena Nemanjić Šubić |
Simeón Uroš, alcumado Siniša, era o fillo do rei Estevo Uroš III Dečanski de Serbia coa súa segunda esposa, María Paleóloga, a filla de Xoán Paleólogo, un neto do emperador Miguel VIII Paleólogo.
O seu medio irmán Estevo Uroš IV Dušan proclamouse emperador de Serbia en 1346, e conquistou Epiro e Acarnania en 1348. Nomeou a Simeón gobernador destas rexións e concedeulle o título de déspota, tradicionalmente reservado aos irmáns e fillos menores dos emperadores bizantinos. Simeón Uroš consolidou a súa posición coa aristocracia local casando con Tomasina Orsini, a filla do antigo gobernante de Epiro Xoán II Orsini.
O goberno relativamente pacífico de Simeón Uroš interrompeuse cando, pouco despois da morte de Dušan en 1355, o seu cuñado Nicéforo II Orsini, deposto gobernante de Epiro, reapareceu en Grecia e obtivo o apoio da nobreza de Tesalia e Epiro. En 1356 Nicéforo entrou en Epiro e obrigou a Simeón Uroš a fuxir a Kastoria. Alí Simeón proclamouse «emperador dos serbios e os gregos», converténdose así en rival do seu sobriño Estevo V. A pesar de que o apoiaron algúns magnates importantes como Xoán Comneno Asen (o irmán da viúva de Estevo IV), rexeitouno a nobreza da Serbia central e Macedonia.
Despois que se viu obrigado a abandonar o seu intento de invadir Zeta (actual Montenegro) en 1358, Simeón Uroš perdeu a esperanza de facerse con Serbia. Ao ano seguinte, con todo, Nicéforo II Orsini morreu nunha escaramuza contra os albaneses, e isto deu unha boa oportunidade a Simeón Uroš de se refacer. En consecuencia, acudiu presto a Tesalia, da que o recoñeceron como señor en 1359. Logo invadiu Epiro, onde as cidades, angustiadas pola invasión do territorio polos clans albaneses, tamén recoñeceron a súa autoridade.
Mentres Simeón Uroš estaba en Epiro, Radoslav Hlapen de Vodena tentou tomar Tesalia en nome do seu fillastro Tomé Preljubović. Simeón Uroš viuse obrigado a recoñecer as conquistas de Radoslav Hlapen, entregarlle Kastoria e casar á súa filla María con Tomé. Hlapen recoñeceu a soberanía de Simeón Uroš nalgunhas destas terras e proporcionoulle unha barreira entre el e os nobres serbios do norte. Simeón Uroš estableceuse en Trikala, en Tesalia, e pasou a última década do seu reinado en relativa paz. Pronto nomeou a dous dos caudillos albaneses de Epiro, Gjin Bua Shpata e Pedro Losha, déspotas de Arta e Angelokastro. En 1366 cedeu Ioánina, a súa última posesión importante en Epiro, ao seu xenro Tomé, que reinou alí como déspota vasalo.
En Trikala Simeón Uroš presidiu unha corte que incluía nobres bizantinos, serbios e albaneses, pero mostrou preferencia polos parentes bizantinos da súa esposa. Tamén fundou e dotou xenerosamente os mosteiros de Meteora. Morreu entre 1369 e 1371.
Polo seu matrimonio con Tomasina Orsini, Simeón Uroš tivo tres fillos:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.