Showgirls
From Wikipedia, the free encyclopedia
Showgirls é un filme estadounidense erótico e de drama de 1995, que foi dirixido polo director neerlandés Paul Verhoeven.
Showgirls | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Paul Verhoeven |
Produtor | Lynn Ehrensperger Charles Evans Mario Kassar Alan Marshall |
Guión | Joe Eszterhas |
Intérpretes | Elizabeth Berkley Kyle MacLachlan Gina Gershon Glenn Plummer Robert Davi |
Música | Rena Riffel David A. Stewart |
Fotografía | Jost Vacano |
Montaxe | Mark Goldblatt Mark Helfrich |
Distribuidora | Metro-Goldwyn-Mayer (Norteamérica)
Pathé (internacional) |
Estrea | 1995 |
Duración | 131 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Erótico, drama |
Orzamento | $ 45.000.000 |
Recadación | $ 37.750.754[1] |
Lingua | Inglés |
Na rede | |
http://www.showgirlsmovie.com/ | |
Ambientado en Las Vegas, foi para Verhoeven o seu seguinte proxecto após o éxito de 1992 Basic Instinct (Instinto básico). Verhoeven adquirira unha posición envexábel en Hollywood grazas ás boas recadacións dos seus últimos filmes; non só Basic Instinct, senón tamén RoboCop e Total Recall. Por iso, gozou de infrecuente liberdade e un gran orzamento para o seu seguinte proxecto, pensado como mestura de musical e thriller erótico, na liña da súa película anterior, que lanzara á fama a Sharon Stone. Pero neste caso, Verhoeven incluíu un matiz caricaturesco ou grotesco, máis europeo ca americano, que en parte explica as malas críticas recibidas polo filme. Do mesmo xeito que o seguinte, Starship Troopers, non foi ben recibido polo público, ao utilizar un senso do humor de retranca e unha estética «kitsch» que era deliberada, non resultado dunha mala planificación.