Short Sunderland
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Short Sunderland foi un hidroavión británico empregado para misións de bombardeo e patrulla marítima desenvolvido para a Royal Air Force por Short Brothers. Toma o seu nome da cidade e porto de Sunderland, no nordeste de Inglaterra.
Short Sunderland | |
---|---|
Tipo | hidroavión de bombardeo e patrulla marítima |
Fabricante | Short Brothers |
Deseñado por | Arthur Gouge |
Primeiro voo | 15 de outubro de 1937 |
Introducido | 1938 |
Retirado | 1967 |
Principais usuarios | Royal Air Force Mariña Nacional Francesa Real Forza Aérea de Australia Forza Aérea de Suráfrica Real Forza Aérea de Nova Zelandia |
Produción | 1938 - 1946 |
Unidades construídas | 749 |
Variantes | Short Sandringham Short Seaford |
Baseado en parte no hidroavión S.23 Empire, o principal avión de Imperial Airways, o S.25 foi amplamente redeseñado para o servizo militar. Foi un dos máis potentes e máis usados hidroavións da segunda guerra mundial, e estivo involucrado na loita contra a ameaza dos U-boats alemáns na Batalla do Atlántico. Os Sunderlands da RAF tamén estiveron en servizo na Guerra de Corea e retiráronse en 1959. Este avión permaneceu en activo na Royal New Zealand Air Force (RNZAF) ata 1967. Os Sunderlands convertidos para o uso civil, coñecidos como Short Sandringhams, continuaron operando ata 1974.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.