Shailene Woodley
Actriz estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Shailene Diann Woodley, nada o 15 de novembro de 1991[1] en Simi Valley, California, é unha actriz estadounidense. Os seus primeiros papeis inclúen a Amy Juergens en The Secret Life of the American Teenager (2008–2013) e a Felicity Merriman no filme de 2005 Felicity: An American Girl Adventure.
O gran salto á fama de Woodley foi The Descendants (2011). A súa interpretación de Alexandra King recibiu eloxios da crítica e recoñecementos, como un Independent Spirit á mellor actriz secundaria e un nomeamento ós Globos de Ouro. No 2013, fixo o papel de Aimee Finecky no filme independente The Spectacular Now, e a súa intepretación valeulle o recoñemento da crítica, gañar un Premio Especial do Xurado e ser nomeada á mellor actriz no Festival de Sundance.
A comezos de 2014, Woodley acadou o recoñecemento internacional por interpretar a Beatrice "Tris" Prior en Divergent, baseado nas novelas da autora Veronica Roth, e a Hazel Grace Lancaster en The Fault in Our Stars, baseado na novela homónima de John Green.[2]