Señorío de Meirás
From Wikipedia, the free encyclopedia
O señorío de Meirás é un título nobiliario español[1] creado, con carácter persoal, o 26 de novembro de 1975 con Grandeza de España polo rei Xoán Carlos I de España a favor de María del Carmen Polo y Martínez-Valdés.
Datos rápidos Primeiro titular, Concesión ...
Señorío de Meirás | |
---|---|
Primeiro titular | Carmen Polo |
Concesión | Xoán Carlos I 26 de novembro de 1975 , con Grandeza de España |
Liñaxes | Polo Franco |
Actual titular | Francisco Franco y Martínez-Bordiú |
Pechar
A súa única titular ía ser Carmen Polo, viúva do ditador Francisco Franco. Cando esta faleceu o 6 de febreiro de 1988, o título desaparecu. Porén, meses máis tarde, o título foi reclamado[2] por Francisco Franco Martínez-Bordiú, neto da anterior titular, e ao non reclamalo ninguén da familia que tivese máis dereito ao título ca el, un mes máis tarde o rei asinou un decreto para que o neto máis vello de Franco fose novo titular do señorío de Meirás.