futbolista maliano From Wikipedia, the free encyclopedia
Seydou Keïta, nado o 16 de xaneiro de 1980 en Bamaco, é un futbolista maliano, e tamén ten nacionalidade francesa. É primo de Mohamed Sissoko, xogador da Juventus FC. Xoga de mediocentro e dende 2016 é xogador do El Jaish SC da Liga qatarí e da Selección de Malí.
Keita estivo 4 tempadas no Racing Club de Lens, da Liga Francesa, na súa última tempada xogou 37 partidos e marcou 11 goles, causando o interese de grandes equipos europeos.
Tras o seu paso polo Racing Club de Lens, na tempada 2007/08 foi fichado polo Sevilla FC onde xogou 31 partidos de Liga anotando 4 goles, tamén xogou 9 partidos de Champions nos que anotou 3 goles, e proclamouse campión da Supercopa de España 2007.
O 26 de maio de 2008, o FC Barcelona fixo efectiva súa cláusula de 14 millóns de euros e foi fichado polo conxunto catalán, converténdose así na primeira fichaxe de era Guardiola. No club azulgrana portou o dorsal número 15, anteriormente usado polo brasileiro Edmílson. Foi o primeiro xogador de Malí en militar no equipo azulgrana.
O 25 de outubro de 2009 conseguiu o seu primeiro hat-trick na vitoria do FC Barcelona por 6-1 ante o Real Zaragoza, no que foi a súa mellor actuación coa elástica blaugrana.
Keita é o unico xogador de Malí que conseguiu tres títulos nunha soa tempada (copa, liga e Liga de Campións).
Seydou Keita é internacional absoluto con Malí desde o ano 2003. Con "As Aguias" participou, entre outros, na Copa África de 2008, quedando eliminados na primeira rolda.
Pero a súa traxectoria na selección comezou de moi nova e con bos resultados. De feito, Keita gañou o Balón de Ouro como mellor xogador do Mundial sub-20 que se xogou o ano 1999 en Nixeria por diante de xogadores como Xavi ou Ronaldinho. Malí acabou na terceira posición nunha competición que gañou a selección española, na que xogaba Xavi Hernández.
Foi internacional en 88 ocasións coa Selección de fútbol de Malí e marcou 24 goles.
Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Copa de Francia | FC Lorient | Francia | 2002 |
Supercopa de España | Sevilla FC | España | 2007 |
Copa do Rei | FC Barcelona | España | 2009 |
Liga de España | FC Barcelona | España | 2009 |
Supercopa de España | FC Barcelona | España | 2009 |
Supercopa de Europa | FC Barcelona | España | 2009 |
Liga de España | FC Barcelona | España | 2010 |
Supercopa de España | FC Barcelona | España | 2010 |
Distinción | Ano |
---|---|
Balón de ouro no Mundial sub-20 | 1999 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.