pexuizo ou discriminación que se basa no sexo ou xénero From Wikipedia, the free encyclopedia
O sexismo é a discriminación baseada no xénero ou sexo. Tamén se refire ás características e comportamentos que se atribúen tradicionalmente ao home ou á muller[1].
As actitudes sexistas sostéñense en crenzas e estereotipos tradicionais sobre os distintos roles de xénero. A discriminación sexual non é só un concepto dependente de actitudes individuais, senón que se atopa incorporado en numerosas institucións da sociedade. A miúdo o sexismo é asociado con argumentos sobre a supremacía de xénero[2].
Existen varias clasificacións posibles do sexismo atendendo a distintos criterios:
As prácticas sexistas afectan principalmente ás mulleres[5] dada a vixencia de crenzas culturais que as consideran inferiores ou desiguais aos homes por natureza.
Nunha sociedade patriarcal, anterior mesmo ao nacemento da literatura, son homes quen protagonizan os libros, quen os escriben e quen os editan, e en moitos casos ao longo da Historia tamén quen os len case en exclusiva, en tanto que destinatarios naturais. Co avance da igualdade de dereitos, desde o momento en que a muller accede a postos públicos e privados antes impensables para ela, accede tamén á Universidade e comeza a acceder aos sistemas literarios máis alá da excepcionalidade[6].
Mais aínda hoxe resulta común a crenza de que as mulleres só len novelas románticas e/ou eróticas pois apelan a emocións como a dor, a vinganza ou a perda, que un home non sentiría. A Romance Writers of America (RWA) sinala que en 2013 as vendas de novelas románticas ascenderon a máis de 1000 millóns de dólares, o 13% da literatura consumida no ano en Estados Unidos. E entre 2010 e 2015 vendéronse 39.8 millóns de copias físicas (máis de 257.53 millóns de dólares) só no Reino Unido. No entanto, a pesar de ser unha das industrias literarias máis fortes pola súa tradición, enfróntase a prexuízos como o de xénero e o da composición narrativa das súas historias. A RWA estima[7] que o 84% dos lectores de novelas románticas son mulleres, de entre 30 e 54 anos principalmente (41%).
Existe un amplo consenso social e político, nas comunidades idiomáticas nas que a distinción de sexo-xénero é moi visible, en considerar sexistas determinados usos da linguaxe, por exemplo os que prescriben empregar o masculino como xenérico[8][9][10][11][12][13][14][15][16][17][18][19][20][21]. O debate continúa aberto e as novas propostas (como é, nalgunhas linguas románicas, a introdución dun xenérico todes[22][23]), ás veces polémicas[24] e non recoñecidas aínda por academia ningunha, se estenden sobre todo polas redes sociais. A pesar da resistencia inicial, sobre todo -aínda que non sempre- nos sectores máis reaccionarios[25], os estudos feministas [26] foron concitando unha revisión profunda tanto das raíces patriarcais da linguaxe mesma[27] coma da cosmovisión sexista[28], historicamente instalada no prexuízo[29][30] do macho dominante[31] e en concordancia coa pretendida neutralidade[32] do xénero gramatical.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.