Sex and the City
serie estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Sex and the City foi unha serie estadounidense de televisión por cable baseada no libro do mesmo nome escrito por Candace Bushnell. Transmitiuse por primeira vez a través da canle HBO, dende 1998 até 2004. Ambientada na cidade de Nova York, a serie trata acerca das vidas e namoros de catro mulleres que son moi boas amigas, tres das cales están por rematar os trinta anos (Carrie, Charlotte e Miranda) e outra (Samantha) que está no corenta. Unha comedia de situación con elementos dramáticos, a serie a miúdo abordaba problemas socialmente relevantes, como o papel da muller na sociedade. Sex and the City foi estreado o 6 de xuño de 1998 e o último episodio transmitiuse o 22 de febreiro do 2004.
![]() | |
Formato | Comedia, drama |
---|---|
Creado por | Darren Star |
Desenvolvido por | Darren Star Productions HBO Original Programming |
Intérpretes | Sarah Jessica Parker Kim Cattrall Kristin Davis Cynthia Nixon |
Tema de apertura | "Sex and the City Theme" |
País de orixe | ![]() |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 6 |
Episodios | 94 (Lista de episodios) |
Localización(s) | Nova York, Estado de Nova York Millstone Township, Nova Jersey West Orange, Nova Jersey Os Ánxeles, California París, Francia |
Duración | 30 minutos |
Distribuidor | Warner Bros. Television Distribution HBO Enterprises |
Canle de orixe | HBO |
Formato de imaxe | 480i (4:3 SDTV) |
Primeiro episodio | 6 de xuño de 1998 |
Derradeiro episodio | 22 de febreiro de 2004 |
Na rede | |
https://www.hbo.com/sex-and-the-city | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A serie conta con numerosos cameos de personaxes famosos como Matthew McConaughey ou Lucy Liu, entre outros.