![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1c/Sierra_Nevada_aerial.jpg/640px-Sierra_Nevada_aerial.jpg&w=640&q=50)
Serra Nevada, Estados Unidos de América
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Serra Nevada[Cómpre referencia] é unha cordilleira montañosa situada no estado de California, Estados Unidos de América, aínda que nalgúns lugares linda co estado de Nevada. O nome deste conxunto de montañas débese á descrición feita polo sacerdote español Pedro Font en abril do ano 1776.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Serra Nevada | |
---|---|
![]() Foto aérea de Serra Nevada | |
![]() | |
Localización | |
Continente/s | América |
País/es | ![]() |
Rexión | Norteamérica |
Provincia/s | California |
Coordenadas | 66°34′43″N 118°17′31″O |
Datos | |
Principais cumes | Monte Whitney |
Cota | 4.421 m msnm |
Superficie | 63.100 km2 |
Lonxitude | 640 km |
Ancho | 105 km |
Esta serra ten uns 640 km de norte a sur e uns 110 de leste a oeste. Está localizada entre o Val Central de California e a Gran Cunca e pertence á gran Cordilleira Americana, que se estende dende Norteamérica até a Antártida pasando por Centroamérica e Suramérica. Os lugares máis importantes da cordilleira son o lago Tahoe que é o lago alpino máis grande de Norteamérica, o monte Whitney de 4421 m de altura que é o punto máis alto da serra e o Parque Nacional de Yosemite.