Sequoyah
Creador do silabario cheroqui / From Wikipedia, the free encyclopedia
Sequoyah (ᏍᏏᏉᏯ Ssiquoya, como asinaba o seu nome,[1][2] ou ᏎᏉᏯ Se-quo-ya, como é escrito na lingua cherokee na actualidade) (c. 1770–1840), foi un ourive, ferreiro, mestre e soldado nativo americano coñecido co nome inglés de George Gist ou George Guess. En 1821, creou o silabario cherokee, facendo posible ler e escribir en lingua cherokee. É particularmente célebre por ser a única persoa pre-literaria da historia coñecida en crear de forma independente un sistema de escrita efectiva.[3][4] Despois de coñecer a súa obra, o pobo da nación cherokee adoptou axiña o seu uso e fíxoo oficialmente en 1825.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Litografía dun retrato pintado de Charles Bird King en 1828. | |
Nome orixinal | (chr) ᏍᏏᏉᏯ |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1770 Taskigi, Nación cherokee (na actualidade Knoxville, Tennessee) |
Morte | agosto de 1843 (72-73 anos) San Fernando, Tamaulipas, México |
Datos persoais | |
Residencia | México (1842–) Fort Smith (pt) (1828–) Condado de Pope (pt) (1824–1828) Alabama |
País de nacionalidade | Cherokee |
Actividade | |
Campo de traballo | Lingüística |
Ocupación | Ourive, ferreiro, mestre e soldado |
Lingua | Lingua cherokee e lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Sally U-ti-yu |
Fillos | Catro coa primeira muller, tres coa segunda |
Pai | Nathaniel Gist (pt) |
Pechar
Este artigo amosa letras cherokees. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |