![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e4/Charles_Montesquieu.jpg/640px-Charles_Montesquieu.jpg&w=640&q=50)
Separación de poderes
distribución das funcións do Estado entre as diferentes institucións deste / From Wikipedia, the free encyclopedia
A separación de poderes, tamén coñecida coma división dos poderes, é un principio de distribución das distintas funcións do Estado, que se reparten entre as diferentes institucións deste. A separación de poderes apareceu por primeira vez na antiga Grecia. O obxectivo desta separación é ter institucións estatais que respecten as liberdades fundamentais dos individuos, é un elemento fundamental das democracias representativas actuais.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e4/Charles_Montesquieu.jpg/640px-Charles_Montesquieu.jpg)
A separación de poderes, teorizada principalmente por Locke e Montesquieu, defende a separación dos tres poderes do Estado:
- O poder lexislativo, cuxa función é a aprobación das leis. Xeralmente, está a cargo dun corpo deliberativo (congreso, parlamento ou asemblea de representantes).
- O poder executivo, levado a cabo polo goberno do Estado cuxa función é facer cumprir as leis aprobadas polo poder lexislativo.
- O poder xudicial, é o encargado da aplicación das normas xurídicas na resolución de conflitos.
Nalgúns sistemas hai máis división entre os poderes. Ademais dos tres citados antes, poden existir os seguintes:
- Poder electoral
- Poder prosecutorio
- Comisión de servizos civís
A necesidade desta separación apareceu no artigo 16 da Declaración dos dereitos do home e do cidadán, o 26 de agosto de 1789 que afirma (aínda que sen concretar) :
Toda sociedade na que non se garanticen os dereitos das persoas, nin a separación de poderes, non ten nada de constitucional.[1]