![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7e/All_wales_path.png/640px-All_wales_path.png&w=640&q=50)
Sendeiro da costa de Gales
From Wikipedia, the free encyclopedia
O sendeiro da costa de Gales (galés: Llwybr Arfordir Cymru) é un paseo de longa distancia que percorre toda a liña costeira de Gales. Foi inaugurado o 5 de maio de 2012, e comprende 1.400 km de camiño entre Chepstow, no sur, ata Queensferry, no norte.[1]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7e/All_wales_path.png/640px-All_wales_path.png)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/df/Chepstow_oct_2011_057.jpg/640px-Chepstow_oct_2011_057.jpg)
Gales é o primeiro país do mundo en ofrecer unha ruta ó longo de toda a súa costa. O sendeiro pasa por once Reservas Nacionais da Natureza e outras reservas, como as controladas por The Wildlife Trusts ou a Royal Society for the Protection of Birds (RSPB).[2] Lonely Planet calificou a costa de Gales no primeiro lugar na súa clasicafición das 10 mellores de 2012.[3]