From Wikipedia, the free encyclopedia
Sementeira[1] é o proceso de colocar sementes, co obxectivo de xermolar para desenvolveren plantas, tanto en alcouve coma na parcela final. Coñécese tamén cos nomes de bota, semente ou semeadura. Para que a sementeira sexa efectiva cómpre seleccionarmos sementes de boa calidade. As sementes deben ser sas e estaren ceibas de elementos contaminantes. A sementeira ten sido unha necesidade do ser humano desde a idade prehistorica, xa que é a causa do fin do nomadismo e do comezo do sedentarismo.
Antes de seren sementadas algunhas sementes cómpren certa preparación. Este tratamento pode ben ser escarificación, estratificación, mollado das sementes ou lavado das sementes con auga fría ou morna. O mollado das sementes faise polo xeral remollándoas en auga morna entre 24 a 48 horas.[2] O lavado das sementes é moi común no caso de froitas (xa que a carne da froita que arrodea a semente pode ser axiña atacada por insectos ou pragas.[3][4] Para limpar a semente, polo xeral frétase a semente cun pano ou anaco de papel, e ás veces procédese ao lavado da semente.[5] Polo xeral o lavado das sementes realízase mergullando as mesas durante uns 20 minutos en auga a unha temperatura de 50 °C.[6] A auga morna ou quente mata os microorganismos que puidesen ter sobrevivido na tona da semente. A limpeza con auga a alta temperatura é moi importante en sementes de froitas tropicais que poden ser infectadas con facilidade como por exemplo lichis e rambutáns.
Ademais dos procesos de preparación indicados previamente, a xerminación é favorecida se se utiliza terra libre de enfermidades. Especialmente se se trata de producir a xerminación de sementes particularmente difíciles (tales como algunhas froitas tropicais), o tratamento e preparación previo da teerra (xunto co uso de terra cos minerais e condicións de acidez máis axeitados, terra preparada ou outro substrato apropiado) é sumamente importante. Os dous procesos de preparación da terra máis utilizados son pasteurización e esterilización. Polo xeral é máis conveniente elixir a pasteurización xa que a mesma non mata todos os microorganismos. A esterilización pode ser utilizada cando se intenta plantar vexetais especialmente difíciles. Para pasteurizar a terra, a terra debe ser quentada durante 15 minutos nun forno a unha temperatura de 120 °C.[6]
Entre as culturas que se sementan salientan a avea, o trigo, e o centeo, os pastos e os legumes son tamén sementadas de semente, no entanto o millo e maila soia son plantados en forma máis espazada. Ao plantar, os regos atópanse separados uns 70 cm uns dos outros, e se intenta espazar as sementes individuais; para iso utilízanse diversos dispositivos para dispor as sementes a intervalos exactos, o que maximiza o rendemento e permite aforrar sementes.
Ao sementar, colócase moi pouca terra e nalgúns casos ningunha sobre as sementes. En termos xerais, as sementes poden ser botadas de xeito tal que a camada de terra que as cobre sexa de 2 a 3 veces o tamaño das sementes.
Para a sementeira a man, existen varios tipos de métodos; os mesmos comprenden [7]:
Xunto a estes tipos pódense utilizar varios patróns de sementeira; tales como:
A sementeira a man é o proceso mediante o cal se lanzan presas de sementes sobre o terreo preparado. Polo xeral, utilízase unha grade para incorporar a semente ao terreo. Se ben é man de obra intensivo agás para superficies pequenas, o método aínda é utilizado en determinadas circunstancias. Cómpre de práctica para esparexer as sementes de xeito homoxéneo e co ritmo arelado. É posíbel utilizar un sementador manual para sementar aínda que só resulta útil para sementes miúdas tales como as de pastos e legumes.
É posíbel combinar a sementeira manual con pre-sementeira en bandexas de sementes. Isto permite que as plantas se fortalezan no interior durante os períodos fríos (por exemplo a primavera en países con climas temperados).
Campo aberto é o xeito de semeadura utilizado historicamente na agricultura mediante o cal as leiras son preparadas e se as deixa abertas, tal como indica a súa denominación, antes de ser sementadas. A miúdo a semente bótase no chan e non se cobre antes da xerminación e polo tanto fica exposta ás condicións climáticas. Este método diferénciase do método de alcouve utilizado comunmente na xardinaxe caseira ou en situacións específicas na agricultura moderna onde a semente é colocada baixo o chan e é vixiada e atendida con frecuencia para asegurar un ritmo de crecemento elevado e mellores rendementos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.