Semente de xirasol
froito do xirasol / From Wikipedia, the free encyclopedia
As sementes de xirasol son sementes comestíbeis dos aquenios do xirasol (Helianthus annuus). Adoitan venderse con ou sen casca, torradas e salgadas como aperitivo, coñecido como pebidas. Tamén son comúns as pebidas de cabaza[1][2]. Existen distintas variedades de pebids, dependendo da variedade de xirasol; ademais de se empregar na alimentación humana, algunhas delas empréganse en alimentación animal, especialmente de aves, en cuxo caso non se salgan.