From Wikipedia, the free encyclopedia
Selena Quintanilla Pérez, coñecida artisticamente como Selena, nada en Lake Jackson (Texas) o 16 de abril de 1971 e finada en Corpus Christi (Texas) o 31 de marzo de 1995, foi unha cantante mexicano-estadounidense texana.
Selena foi chamada "A raíña da música texana". Comezou a cantar no restaurante do seu pai a principios da década de 1980. Lanzou o seu primeiro disco en 1984, e en 1989 fichouna a EMI Latin Records, coa que vendeu máis de 20 000 copias. O seu álbum de 1990, Ven Conmigo, converteuse no primeiro disco de ouro texano. En 1992 lanzou Entre a mi mundo, que tamén foi disco de ouro. En 1993 o álbum Selena Live! gañou un premio Grammy ao mellor álbum mexicano-americano. En 1994 Selena lanzou o seu último álbum, Amor Prohibido, que vendeu máis de 22 millóns de copias en todo o mundo. O álbum axudou a Selena a introducirse no mercado de fala inglesa. O álbum Dreaming of You vendeu 175 000 copias o mesmo día do seu lanzamento, e acadou un total de 4 millóns de copias.[1]
En 1992 Selena casou co seu guitarrista, Chris Perez. Selena morreu traxicamente o 31 de marzo de 1995, asasinada pola presidenta do seu club de fans. En 1997 fíxose unha película sobre a súa vida, na que o seu papel foi interpretado por Jennifer Lopez.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.