Selección de fútbol da Samoa Americana
From Wikipedia, the free encyclopedia
A selección de fútbol da Samoa Americana (en samoano: Au soka Amerika Sāmoa) é o equipo que representa á Samoa Americana nas competicións internacionais oficiais de fútbol.[3] A súa organización está a cargo da Federación de Fútbol da Samoa Americana, pertencente á Confederación de Fútbol de Oceanía e á FIFA. O estadio da Samoa Americana atópase en Pago Pago e o seu adestrador é Tunoa Lui.[4]
Samoa Americana | |||
---|---|---|---|
Actual campión da Copa do Mundo | |||
Actual campión da Eurocopa | |||
Actual campión da Copa de África | |||
Actual campión da Copa América | |||
Actual campión da Copa Ouro | |||
Actual campión da Copa Asiática | |||
Actual campión da Copa das Nacións da OFC | |||
| |||
| |||
Asociación | Federación de Fútbol da Samoa Americana | ||
Confederación | OFC (Oceanía) | ||
Código FIFA | ASA | ||
Alcume | {{{Alcume}}} | ||
Clasificación FIFA | 188 (15 de febreiro de 2024) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Ruben Luvu[1] | ||
Máis encontros | Nicky Salapu (22) | ||
Máximo goleador | Samuel Hayward[2] Ramin Ott (3) | ||
Estrea internacional Samoa 3 − 1 Samoa Americana Apia, Samoa Occidental; 20 de agosto de 1983 Recoñecida pola FIFA Tonga 3 - 0 Samoa Americana Avarua, Illas Cook; 2 de setembro de 1998 | |||
Maior vitoria Wallis e Futuna 0 - 3 Samoa Americana Apia, Samoa Occidental; 22 de agosto de 1983 Recoñecida pola FIFA Samoa Americana 2–0 Illas Cook Nuku'alofa, Tonga; 4 de setembro de 2015 | |||
Maior derrota AUS 31 - 0 Samoa Americana (Coffs Harbour, Australia; 11 de abril de 2001) (Récord mundial nun partido internacional sénior) | |||
Disputou o seu primeiro partido nos Xogos do Pacífico Sur de 1983, perdendo ante Samoa, daquela baixo o nome de Samoa Occidental, por 3:1. Nese torneo logrou tamén a súa primeira vitoria ao vencer a Wallis e Futuna por 3:0. A partir de entón perdeu cada un dos seus encontros, o que a levou a ser recoñecida como a peor selección do mundo. En 2001, cun cadro de xogadores miguado polas dificultades de traslado da maioría dos titulares, Samoa Americana perdeu 31:0 contra Australia nun partido válido para a clasificación á Copa Mundial de 2002, o que representa a maior goleada na historia do fútbol internacional.
Finalmente, tivo o seu reencontro coa vitoria, e o seu primeiro partido gañado como membro da FIFA, en 2011, cando nas eliminatorias para a Copa das Nacións da OFC de 2012 derrotou a Tonga 2:1. Catro anos despois, volveu gañar aos tonganos e ás Illas Cook, mais non puido clasificar ao certame continental por ser superado en diferenza de goles por Samoa, máis especificamente por un gol sendo até agora a maior proeza do fútbol samoamericano.