![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d4/Combat_naval_bataille_cap_finisterre_octobre_1747.jpg/640px-Combat_naval_bataille_cap_finisterre_octobre_1747.jpg&w=640&q=50)
Segunda batalla do cabo Fisterra
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Segunda batalla do cabo Fisterra foi un enfrontamento naval entre británicos e franceses producido o 25 de outubro de 1747, no marco da Guerra de Sucesión Austríaca. Esta batalla aconteceu apenas 5 meses despois da chamada primeira batalla do cabo Fisterra, na que a frota británica detivo e eliminou un convoi francés de mercadorías que ía escoltado por varios buques de guerra.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2014.) |
Datos rápidos Data:, Lugar: ...
Segunda batalla do cabo Fisterra | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Acoirazado francés "Intrépide" loitando contra varios buques británicos, por Pierre-Julien Gilbert. | |||||||||
| |||||||||
Combatentes | |||||||||
![]() |
![]() | ||||||||
Comandantes | |||||||||
Contralmirante Sir Edward Hawke | Almirante Desherbiers de l'Etenduère | ||||||||
Forzas en combate | |||||||||
14 barcos de liña | 8 barcos de liña 252 mercantes e outros | ||||||||
Efectos | |||||||||
Mortes: 154 mortos 558 feridos[3] |
Mortes: | ||||||||
Feridos: | Feridos: 6 barcos de liña capturados 800 mortos e feridos, 4.000 capturados 7 buques do convoi capturados[3] | ||||||||
Pechar
Nesta ocasión Francia decidiu mandar un novo convoi de barcos mercantes aínda maior, escoltado por 8 buques de liña comandados polo almirante Desherbiers de l'Etenduère. A frota británica encargada de interceptar o convoi estaba composta por 14 buques de liña, e estaba comandada polo vicealmirante Edward Hawke.