Secretario (ave)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O secretario ou serpentario,[2] Sagittarius serpentarius, é unha ave de rapina diúrna, a única especie da familia Sagittariidae. O Sagittarius serpentarius habita en todas as rexións de África ao sur do Sáhara, agás zonas de vexetación densa. O seu hábitat preferente é a sabana, sendo tamén común en áreas semidesérticas ou con vexetación escasa.
Máis información Sagittarius serpentarius, Estado de conservación ...
Sagittarius serpentarius | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
No Parque Nacional do Serengeti | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Sagittarius serpentarius' (J. F. Miller, 1779) | |||||||||||||||
Distribución xeográfica do Sagittarius serpentarius. |
Pechar
O Sagittarius serpentarius non se encontra en perigo de extinción porén non é moi común atopalos debido en gran parte á súa baixa densidade de poboación. Os fósiles máis antigos desta ave foron encontrados en Francia, en formacións xeolóxicas do Mioceno.