santo cristián e mártir From Wikipedia, the free encyclopedia
Sebastián, coñecido tamén como San Sebastián Mártir, nado en Narbona (Francia) no ano 256 e finado en Roma contra o ano 288, foi un mártir e santo cristián, que foi supostamente martirizado durante o mandato do emperador romano Diocleciano, perseguidor dos cristiáns. Adoita ser representado como un individuo amarrado a un poste e perforado por frechas.
Nome orixinal | (la) Sebastianus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 255 Narbona, Francia |
Morte | 20 de xaneiro de 287 (31/32 anos) Roma, Italia |
Causa da morte | Persecución de Diocleciano, flaxelación |
Lugar de sepultura | San Sebastiano fuori le mura (pt) |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | soldado |
Período de tempo | Imperio Romano |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército romano |
Rango militar | Tribuno militar |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 20 de xaneiro |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Granat Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Metropolitan Museum of Art Tagging Vocabulary (en) >>>:Saint Sebastian |
As igrexas católicas celebran o seu día o 20 de xaneiro. A Igrexa Ortodoxa tamén loa este santo.
Educouse en Milán. Cumpría coa disciplina militar, mais non participaba nos sacrificios pagáns por consideralos idolatría. Coma cristián, exercitaba o apostolado entre os seus compañeiros, visitando e alentando a outros cristiáns encarcerados por mor da súa relixión. Acabou por ser descuberto e denunciado ao emperador Maximiano (amigo de Diocleciano), quen o obrigou a escoller entre ser soldado ou seguir a Xesús Cristo.
O santo escolleu seguir a Cristo. Decepcionado, o emperador ameazouno de morte, porén Sebastián mantívose firme na súa fe. Enfurecido, condeouno a morrer asetado. Os soldados do emperador levarono ao estadio, espírono, atárono a un poste, e dispararon unha choiva de setas, dándoo por morto. Porén, os seus amigos achegáronse e, ao velo aínda con vida, levárono á casa dunha nobre cristiá romana chamada de Irene ou Erea, dona de Cástulo, que o mantivo agochado e curoulle as feridas até que quedou restablecido.
Os seus amigos aconsellárono de se ausentar de Roma, mais Sebastián negouse rotundamente. Presentouse perante o emperador, quen, desconcertado, dábao por morto, e reprochoulle enerxicamente a súa conduta por perseguir os cristiáns. Maximiano mandou que o apaleasen até morrer, e os soldados cumpriron desta vez sen erros a misión, botando o seu corpo na Cloaca Máxima de Roma. Os cristiáns recollérono e soterrárono na Vía Apia, na célebre catacumba que leva o nome do santo. Finou no ano 288.
O culto a San Sebastián é moi antigo e está moi estendido. Invócase contra a peste e contra os inimigos do cristianismo, é amais denominado como "o Apolo cristián" por ser un dos santos máis representados na arte.
A súa festividade celébrase o 20 de xaneiro, sempre vinculada á de san Fabián, na festividade dos Santos Mártires.
En Galicia véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Sebastián.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.