![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9a/Scooby_doo_logo.png/640px-Scooby_doo_logo.png&w=640&q=50)
Scooby-Doo
Franquicia estadounidense de debuxos animados / From Wikipedia, the free encyclopedia
Scooby-Doo é unha popular serie de televisión animada estatunidende producida pola Hanna-Barbera Productions (agora Cartoon Network Studios) en múltiples versións desde a súa estrea pola CBS no 1969, até na actualidade.
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → ![]() Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Scooby-Doo | |
---|---|
![]() | |
Creador | Joe Ruby e Ken Spears (Idea orixinal) Joseph Barbera (1969–2006) William Hanna (1969–2001) |
Obra orixinal | Scooby-Doo, onde estás? |
Propietario | Warner Bros. |
Cine e televisión | |
Series de televisión | 1969-1970: Scooby-Doo, onde estás 1972-1973: Os novos filmes de Scooby-Doo 1976-1978: O show de Scooby-Doo 1979-1980: Scooby-Doo e Scrappy-Doo 1980-1982: Scooby-Doo e Scrappy-Doo (Curtas) 1983-1984: O novo show de Scooby-Doo e Scrappy-Doo 1985: As 13 pantasmas de Scooby-Doo 1988-1991: Un cadelo chamado Scooby-Doo 2002-2006: Que hai de novo Scooby-Doo? 2006-2008: Shaggy e Scooby-Doo detectives 2010-2013: Scooby-Doo! Misterios S.A. 2015-2018: Be Cool, Scooby-Doo! 2019-2021: Scooby-Doo and Guess Who? 2023: Velma |
Sitio web oficial | |
http://www.scoobydoo.com/ |
O formato do programa cambiou significativamente ao longo dos anos. As versións máis coñecidas inclúen a un can de raza gran danés que fala chamado Scooby-Doo e mais catro mozos de nomes Fred Jones, Daphne Blake, Vilma Dinkley e Shaggy Rogers, o cales viaxan arredor do mundo nunha furgoneta que lle chamaa "A Máquina do Misterio" (Mistery Machine, orixinalmente), coa que se transportan dun local a outro arranxando misterios relacionados coas pantasmas e outras forzas sobrenaturais. Ao final de cada episodio, as forzas sobrenaturais teñen unha explicación racional -xeralmente un criminal que espanta a xente para poder cometer os seus crimes -. Posteriores temporadas do programa presentaron variacións no tema sobrenatural, e incluíron novos personaxes, coma o curmán de Scooby, Scooby-Doo e mailo seu cativo sobriño, Scrappy-Doo.
Scooby-Doo foi transmitido por vez primeira no período comprendido de 1969 a 1976, e ao final deste foi trasladado á cadea televisiva, ABC, que rematou cancelando o programa en 1986, presentando no seu lugar un spin-off titulado Un cadelo chamado Scooby-Doo, entre 1988 e 1991. Unha nova tempada titulada Que hai de novo Scooby-Doo?, foi transmitida na WB Television Network entre 2002 e 2005, sendo seguida pola máis recente, Shaggy e Scooby-Doo detectives, a cal foi lanzada pola CW network dende 2006. Na actualidade, reposicións de diversos capítulos e filmes do personaxe son transmitidos pola Cartoon Network nos Estados Unidos e outros países. A serie tamén se transmitiu pola Televisión de Galicia.
Entre os anos 2004 e 2005, Scooby-Doo mantívose récord mundial Guinness coma a serie animada con maior número de episodios, sendo eventualmente superado por outras series estatunidenses.(25 de out. 2004).[1]