FC Schalke 04
club alemán de fútbol da cidade de Gelsenkirche / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Fußball-Club Gelsenkirchen-Schalke 04 e.V., mellor coñecido simplemente como Schalke 04, é un club alemán de fútbol da cidade de Gelsenkirchen que compite regularmente na Bundesliga, a máxima categoría deste deporte no país xermano. O club foi fundado no ano 1904, como se reflicte no seu nome. Trátase dun dos equipos de fútbol máis populares de Alemaña, a pesar de ter acadado a maioría dos seus éxitos nos anos 30 e 40 do século pasado. A encontro de maior rivalidade do Schalke 04 é co seu veciño, o Borussia Dortmund. Ese encontro é coñecido como Derbi do Ruhr. O club tamén se dedica ao baloncesto, balonmán, atletismo etc.
Datos rápidos Nome, Alcume(s) ...
FC Schalke 04 | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Fußball-Club Gelsenkirchen-Schalke 04 e.V. | |||
Alcume(s) | Die Königsblauen (Os azul-reais) Die Knappen (Os mineiros) | |||
Fundación | 4 de maio de 1904 | |||
Estadio | Veltins-Arena, Gelsenkirchen Alemaña | |||
Inauguración | 13 de agosto de 2001 | |||
Capacidade | 62.271 | |||
Presidente | Clemens Tönnies | |||
Adestrador | David Wagner | |||
Liga | Bundesliga | |||
2018–19 | 14º | |||
Vestimenta | Umbro | |||
Patrocinador | Gazprom | |||
Na rede | ||||
http://www.schalke04.de/ | ||||
| ||||
Pechar