Scarlets
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Scarlets (en galés: Y Sgarlets) son un dos catro equipos profesionais galeses de rugby. Teñen a súa sede na cidade de Llanelli, ao suroeste de Gales, sendo o seu estadio local o Parc y Scarlets, recinto con capacidade para 14.870 espectadores. Compiten no Pro14, unha liga que inclúe equipos profesionais de Escocia, Gales, Irlanda, Italia e Suráfrica, e na European Rugby Champions Cup. Orixinalmente o nome do club era Llanelli Scarlets, mais ao comezo da temporada 2008−09 mudou o seu nome seguindo a liña dos Ospreys en 2005.[1]
Unión | Welsh Rugby Union | ||
---|---|---|---|
Alcume(s) | The Turks | ||
Fundación | 2003; hai 21 anos | ||
Sede | Llanelli, Gales | ||
Estadio(s) | Parc y Scarlets | ||
Capacidade | 14.870 espectadores | ||
Presidente | Phil Bennett | ||
Adestrador | Brad Mooar | ||
Capitán | Ken Owens | ||
Caps | Vernon Cooper (369) | ||
Anotador | Stephen Jones (2.850) | ||
Ensaios | Wayne Proctor (173) | ||
Liga(s) | Pro14 | ||
2018−19 | 4º (conferencia B) | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.scarlets.wales/ | |||
Os Scarlets foron fundados en 2003 como un dos cinco, agora catro, equipos rexionais creados pola Welsh Rugby Union (WRU). O equipo está afiliado a múltiples clubs locais amadores e semi-profesionais, incluído equipos da Welsh Premier Division como o Llanelli, o Carmarthen Quins e o Llandovery. Antes de xogar no Parc y Scarlets, até a temporada 2007–08, o equipo disputaba a maioría dos seus xogos no Stradey Park de Llanelli, aínda que tamén tiñan utilizado o Racecourse Ground en Wrexham. Entre o seu palmarés destacan os dous campionatos do Pro14 (antes Celtic League/Pro12) conseguidos en 2004 e 2017.