Scandinavian Airlines
From Wikipedia, the free encyclopedia
Scandinavian Airlines, coñecida normalmente como SAS, é a aeroliña nacional de Suecia, Dinamarca e Noruega[1] e trátase da aeroliña máis grande de Escandinavia. SAS é a abreviatura do seu nome completo, Scandinavian Airlines System ou legalmente Scandinavian Airlines System Denmark-Norway-Sweden. Ten a súa sede en Solna, Suecia e opera principalmente nos países escandinavos. Scandinavian Airlines é un dos membros fundadores da Star Alliance.
Scandinavian Airlines System | ||
---|---|---|
IATA SK | OACI SAS | Indicativo SCANDINAVIAN |
Fundación | 1 de agosto de 1946 | |
Inicio das operacións | 17 de setembro de 1946 | |
Aeroporto principal | Copenhague Oslo Estocolmo-Arlanda | |
Plan de voo frecuente | EuroBonus | |
Alianza | SkyTeam | |
Subsidiarias | SAS Connect SAS Link | |
Frota | 68 (excluídos alugados e de subsidiarias) | |
Destinos | 125 | |
Holding | SAS Group | |
Eslogan da compañía | We are travelers | |
Sede | ||
Dirixentes | Carsten Dilling (presidente) Anko van der Werff (CEO) | |
Páxina web: flysas.com |
A compañía opera 137 avións e voa a 123 destinos de máis de 30 países. O seu principal centro de actividade é o aeroporto de Copenhague, e ten centros secundarios en Oslo e Estocolmo. SAS tamén ten centros de conexión menores nos aeroportos de Bergen, Flesland, Göteborg Landvetter, Stavanger, Sola, e Trondheim, Værnes. SAS Cargo é unha subsidiaria independente de Scandinavian Airlines e a súa sede atópase no aeroporto de Copenhague.[2]
A aeroliña fundouse en 1946 como un consorcio para impulsar as operacións transatlánticas da compañía sueca Svensk Interkontinental Lufttrafik, da norueguesa Det Norske Luftfartselskap e da dinamarquesa Det Danske Luftfartselskab. O consorcio ampliouse dous anos máis tarde para cooperar tamén en rutas europeas e domésticas. En 1951 as tres aeroliñas fusionáronse para crear SAS. O 27 de xuño de 2018 o goberno noruegués anunciou que vendera a súa participación en SAS.[3][4]