filme de 1977 dirixido por John Badham From Wikipedia, the free encyclopedia
Saturday Night Fever é un filme estadounidense de 1977 dirixido por John Badham. Está protagonizado por John Travolta no papel de Tony Manero, un mozo de clase traballadora que dedica os seus fins de semana a bailar e beber nunha discoteca de Brooklyn, por Karen Lynn Gorney que interpreta a Stephanie Mangano, a súa compañeira de baile e confidente eventual, e por Donna Pescow como Annette, a antiga compañeira de baile de Tony. Mentres está na discoteca, Tony é a estrela da pista. O seu círculo de amizades e o bailar a fin de semana axúdano a superar a súa difícil realidade; un traballo sen futuro, discusións cos seus pais, as tensións raciais na comunidade e a súa inquietude xeral.
Saturday Night Fever | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Saturday Night Fever |
Director | John Badham |
Produtor | Robert Stigwood |
Guión | Norman Wexler |
Baseado en | "Tribal Rites of the New Saturday Night" de Nik Cohn |
Intérpretes |
|
Música |
|
Fotografía | Ralf D. Bode |
Montaxe | David Rawlins |
Estudio | Robert Stigwood Organization |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 14 de decembro de 1977[1] |
Duración | 116 minutos[2] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Musical |
Orzamento | $3 500 000[3] |
Recadación | $237 100 000[4] |
Na rede | |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.